Curso de Formación en Xestión e Xustificación de Proxectos Europeos ERASMUS+

Información do curso

Curso de Formación en Xestión e Xustificación de Proxectos Europeos ERASMUS+


Tipo Curso de Formación
Código OPIPROX211
Nome Curso de Formación en Xestión e Xustificación de Proxectos Europeos ERASMUS+
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 10
Descrición
Curso totalmente non presencial onde os contidos son as técnicas vinculadas á xestión e xustificación de proxectos europeos Erasmus+.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986-813954
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Curso totalmente non presencial onde os contidos son as técnicas vinculadas á xestión e xustificación de proxectos europeos Erasmus+, cun enfoque práctico que permite a súa aplicación inmediata aos proxectos en vigor ou a futuras propostas financiadas pola Unión Europea.
O curso pode seguirse desde un ordenador persoal en calquera localización.
A superación do curso permite obter un diploma de asistencia.

Entidades organizadoras

Oficina de Proxectos Internacionais
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Escola Aberta de Formación Permanente

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 18/02/2021 09:01 - 11/03/2021 23:59
Período de matrícula 18/02/2021 09:02 - 16/03/2021 23:56
Período de docencia 17/03/2021 - 26/03/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Persoal docente e investigador.
Coordinadores e membros de equipo de proxectos internacionais.
Persoal técnico.
Persoal de administración e servicios, especialmente o involucrado na xustificación de proxectos.
Titulados universitarios, preferentemente de segundo ciclo (licenciados, enxeñeiros, arquitectos, doutores) que necesiten adquirir coñecementos sobre a xustificación de proxectos europeos para os seus traballos.

Obxectivos

A xustificación é unha das principais obrigacións que deben cumprir as entidades beneficiarias de subvencións e fondos europeos. A Unión Europea estableceu normativas propias e fixou requisitos específicos que determinan a maneira no que os proxectos teñen que xestionarse e realizar a súa xustificación, polo que é importante entender o seu alcance para poder garantir o éxito na súa execución e a elixibilidade dos custos.
O obxectivo deste curso é que os participantes adquiran competencias en relación á xustificación de proxectos europeos Erasmus + e afonden na xestión administrativa, técnica e financeira dos proxectos financiados pola UE na Universidade de Vigo, a fin de lograr unha xestión eficiente e común.
Adquiriranse habilidades en relación ao coñecemento das normativas de elixibilidade dos gastos, a súa adecuada xustificación, en base aos principios do presuposto comunitario de boa xestión financeira.
Incrementaranse as aptitudes fundamentais para abordar a coordinación e a execución dos fondos dos distintos proxectos e propostas, de acordo coas normas de execución da UE, e na utilización práctica das ferramentas electrónicas de uso obrigado.
Facilitaranse recomendacións para unha correcta xustificación das axudas concedidas, especialmente en relación ás particularidades da xestión financeira das asociacións estratéxicas KA2, e aos seus sistemas de control e auditoría.

Condicións de acceso

  1. Coordinadores e membros de equipo de proxectos internacionais
  2. Persoal docente e investigador
  3. Persoal técnico.
  4. Persoal de administración e servicios, especialmente o involucrado na xustificación de proxectos.
  5. Titulados universitarios, preferentemente de segundo ciclo (licenciados, enxeñeiros, arquitectos, doutores) que necesiten adquirir coñecementos sobre a xustificación de proxectos europeos para os seus traballos.

Criterios de selección

Terán prioridade os coordinadores e membros de equipo de proxectos internacionais da UVigo.

Orde cronolóxica de solicitude.

Calendario

O curso ten lugar os días 17,18, 25 e 26 de marzo de 2021, de forma totalmente non presencial, mediante secuenciación dos módulos didácticos, a través do campus virtual da Universidade de Vigo, con horario de  9:30 horas a 12:00 horas.

Programa

MÓDULO 1:

- A aprobación dun proxecto europeo: pautas iniciais de xestión e formalismos legais.

- O compromiso adquirido pola UVigo nos proxectos Erasmus+: entidade coordinadora ou entidade socia. Roles na realización de xustificacións.

- A xestión dun proxecto europeo: estruturas e sistemas de xestión; a planificación da execución técnica e financeira; a contratación de recursos humanos na UVigo. Resolución de conflitos: estilos e modos de traballo interculturais.

- Introdución ás accións de xustificación nos proxectos europeos Erasmus+:

. Xustificacións técnicas y económicas.
. A lóxica da xustificación.

. Preparar e organizar a xustificación.

. A declaración de gastos e entregables (doiverables).

 

 

 

MÓDULO 2:

- As categorías orzamentarias nos proxectos Erasmus+ KA2 de asociacións estratéxicas.

- Estrutura de custes: contribucións por unidade, a tanto alzado ou custes reais.

- A importancia e contido do convenio de subvención e do acordo de socio:

. Introdución
. Condicións particulares
. Condicións xerais (Anexo I).
. Descrición do proxecto (Anexo II)
. Normas financeiras e contractuais (Anexo III)
. Tarifas aplicables (Anexo IV)
. Mandatos (Anexo V)
. Cambios ao convenio de subvención

. Sinatura institucional

- As disposicións sobre os informes de progreso e/ou intermedios, e informe final de resultados.

- Pagos. O concepto de pre-financiación.

 

MÓDULO 3:

- A descrición do proxecto á hora de realizar a xustificación técnica:

. A xustificación da execución das tarefas de cada socio.

. Os controles de eficiencia.

. Penalizacións por baixa calidade.

. Un exemplo de xustificación técnica.

-Taller práctico (traballo de caso real): xustificación de cada concepto de gasto KA2 en relación a obxectivos, importes, probas documentais e elixibilidade do gasto:

. Xestión e execución do proxecto.
. Reunións transnacionais de coordinación.
. Produtos intelectuais.
. Eventos multiplicadores de difusión asociados a produtos intelectuais.
. Actividades transnacionais de aprendizaxe/ensino/formación.
. Custes excepcionais. 
. Necesidades especiais.

- Conceptos clave sobre a xustificación e elixibilidade dos custes. Modificacións de orzamento e transferencias entre partidas.

 

MÓDULO 4:

- Taller práctico: Templates de uso UE para a xustificación de gastos. Elaboración de follas de control horario (timesheets e joint declarations)

 

MÓDULO 5:

- Taller práctico: Seguimento e xustificación en línea de proxectos. O sistema electrónico e uso do European Commission Mobility Tool+ (MT+) para o rexistro de actividades, informes e detalle orzamentario:

. O teu proxecto e a MT+: alta do proxecto.
. Acceso á MT+: permisos de acceso.
. Estrutura da ferramenta.
. Acción na MT+: revisión, xestión, elaboración e sinatura de informes.

- A xustificación das accións de difusión dos resultados do proxecto:

. Plataforma de resultados Erasmus+ (E+PRP)

. Plan de difusión do proxecto

. Uso de ferramentas de comunicación

. Licencias abertas

 

MÓDULO 6:

- A xestión e desenvolvemento dos proxectos Erasmus+ en época de pandemia pola Covid-19:

. Adaptación de acción e uso de oportunidades tecnolóxicas para o traballo colaborativo.

. Actividades virtuais no convenio de subvención.

. Nova flexibilidade orzamentaria e transferencias entre os fondos asignados para actividades virtuais pola Covid-19.

. Aplicacións das cláusulas de forza maior, límites financeiros e ampliación de prazos.

 

MÓDULO 7:

- Verificacións e auditorías:

. Listas de comprobacións arquivo e conservación da documentación

. Controles das axencias subvencionadoras:

. Visitas in situ

. Revisión documental

. Revisión de informes

. Auditoría financeira

. As Guías de Controles a beneficiarios de subvencións e modelos de folla de traballo para os controles

Impartido en

Campus Remoto Universidade de Vigo. Sala Virtual da Oficina de Proxectos Internacionais

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

Profesorado

Eva Garea Oya, Técnica Superior de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo

José Carlos Quadrado, Pro Presidente  do Instituto Politécnico do Porto

Lorena Diana Gatea, Técnica Proxectos Internacionais

René Lastra Cid, Técnico de Proxectos Internacionais

Sistema de avaliación

Asistencia ó 80% das sesións formativas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos