COMPETENCIAS TRANSVERSAIS PARA O FUTURO LABORAL
Información do curso
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS PARA O FUTURO LABORAL
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C3052001 | ||||
Nome | COMPETENCIAS TRANSVERSAIS PARA O FUTURO LABORAL |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 75 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 647343128 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 01/09/2020 00:00 - 26/10/2020 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 23/09/2020 00:00 - 28/10/2020 23:59 |
Período de docencia | 01/11/2020 - 18/12/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 16 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 2 |
Créditos prácticos | 5.5 |
Créditos ECTS | 0 |
Validación de libre elección | 0 |
Destinatarios/as
Estudantes da Universidade de Vigo, de calquera Grao ou Máster, que estean matriculados nunha titulación no curso 2020/21.
Entre os asistentes ao curso seleccionaranse oito estudantes que participarán nun curso internacional de balde sobre a mesma temática, en Liexa (Bélxica), en marzo ou abril de 2021 (datas a confirmar), a cargo do proxecto Erasmus+ UNIFORS 2020. Neste curso avanzado participacirán estudantes de Portugal, Polonia, Rumanía, Bélxica e España.
Establecerase un procedemento coordinado coa OPI para a selección dos/as participantes no curso internacional.
Condicións de acceso
Membros da comunidade universitaria, con prioridade aos estudantes de calquera grao ou máster na Universidade de Vigo.
Criterios de selección
1. Estar matriculado no curso 2020/21 nalgún grao ou máster da Universidade de Vigo.
2. Orde de inscrición, garantindo a representación equilibrada de xénero
Para a selección dos 8 estudantes participantes no curso internacional en Liexa (Bélxica), haberá unha convocatoria específica da OPI entre os participantes neste curso complementario
Calendario
Haberá dúas sesións presenciais, ao principio e ao final da parte teórica do curso, correspondentes ao primeiro e o último dos módulos, sendo o resto co curso impartido on line, con contidos teóricos e prácticos, incluíndo a resolución de tests de autoavaliación.
* 2 de novembro, de 16:00 a 18:30, na sala 1 do edificio Miralles
*16 de novembro, de 16:00 a 18:30, na sala 1 do edificio Miralles
Os alumnos deberán, ademais, resolver un caso de estudio, analizando que competencias transversales son necesarias e como aplicalas, entregando a túa resposta (escrita en inglés) antes do 30 de novembro.
A selección para o curso en Liexa realizarase tendo en conta a resolución individual do caso de estudio.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
M1. Trabajo en equipo
M2. Comunicación interpersonal
M3. Gestión del tiempo
M4. Pensamiento crítico
M5. Pensamiento analítico
M6. Pensamiento creativo
M7. Toma de decisiones
M8. Resolución de problemas
MÓDULOS PRÁCTICOS:
P1. Trabajo en equipo
P2. Comunicación interpersonal
P3. Gestión del tiempo
P4. Pensamiento crítico
P5. Pensamiento analítico
P6. Pensamiento creativo
P7. Toma de decisiones
P8. Resolución de problemas
Caso de estudio
Modo de pagamento
Matrícula gratuita
Titulación
A participación nas ensinanzas correspondentes a cursos complementarios dará dereito á obtención dun diploma de asistencia expedido pola Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
As actividades terán unhas probas de avaliación on-line, que servirán para avaliar o desempeño do curso.