Medida e certificación de estacións radioeléctricas (segunda edición)
Información do curso
Medida e certificación de estacións radioeléctricas (segunda edición)
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CT140801 | ||||
Nome | Medida e certificación de estacións radioeléctricas (segunda edición) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | O curso busca expoñe-los efectos dos campos electromagnéticos para a saúde, xunto coas normativas e lexislacións existentes sobre este tema. No curso buscarase que os alumnos aprendan o manexo dos equipos de medida electromagnética, e a plinificar unha campaña de medicións, adquirindo a destreza necesaria para escribir informes e certificacións. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986.812195 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Nos últimos anos medrou entre a poboación un sentimento de medo ante os supostos danos que as radiacións electromagnéticas provocarían nas persoas que viven no entorno de estacións radioeléctricas de telefonía móbil.
A resposta das Administracións Públicas, coma a Unión Europea ou o propio Estado español, foi unha normativa que limita os niveis de exposición a radiacións electromagnéticas nas áreas de libre permanencia de persoas. A aplicación destas normativas inclúe a medida dos niveis de campo electromagnético e diversos cálculos que garantan o cumprimento das mesmas.
Son obxectivos do curso:
- A aprendizaxe de cales poden se-los efectos dos campos electromagnéticos para a saúde.
- O coñecemento das normativas e lexislacións existentes sobre este tema.
- O adestramento no manexo dos equipos de medida electromagnética.
- A planificación dunha campaña de medida radioeléctrica.
- A adquisición da destreza necesaria para escribir informes e certificacións.
- A práctica dos coñecementos adquiridos.
- O desenvolvemento de habilidades para a comunicación social da situación tal e como a ven os científicos.
O interese do curso xustifícase tanto académica como socialmente polo sentimento de desacougo existente na poboación ante as múltiples novas que preveñen contra dos riscos da telefonía móbil e outros sistemas de comunicación vía radio, e a necesidade de facer fronte á situación con criterios técnicos baseados nas evidencias científicas e amparados pola legalidade vixente.
Entidades organizadoras
Departamento de Teoría do Sinal e ComunicaciónsInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 01/12/2007 00:00 - 15/01/2008 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 20/01/2008 00:00 - 05/02/2008 23:59 |
Período de docencia | 18/02/2008 - 22/02/2008 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 1.4 |
Créditos prácticos | .6 |
Destinatarios/as
Enxeñeiros de TelecomunicaciónPersoal de servicios de Saúde Pública e Atención Primaria
Estudiantes de último curso de Enxeñería de Telecomunicación e Enxeñería Técnica de Telecomunicación
Profesionais implicados na reducción de riscos laborais
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
A selección realizarase por orde de inscripción, con listaxes separadas para os membros da Comunidade Universitaria e os alumnos alleos.Garantirase un mínimo de 10 plazas para membros da Comunidade Universitaria.
Calendario
A preinscripción será entre os días 1 de decembro de 2007 e 15 de xaneiro de 2008.O 18 de xaneiro publicarase a listaxe de admitidos
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:1.Fundamentos de Electromagnetismo
2.Equipos de medida de radiacións electromagnéticas
3.Efectos sobre a saúde da exposición a ondas radioeléctricas
4.Normativa e lexislación sobre exposición a campos electromagnéticos
5.Planificación dunha campaña de medida radioeléctrica
6.Procedemento de medida entorno a estacións radioeléctricas
7.Redacción dun informe ou certificación
MÓDULOS PRÁCTICOS:
1.Medida en banda ancha (cun medidor de campo)
2.Medida en banda estreita (analizador de espectros)
3.Comunicación social dos riscos das estacións radioeléctricas
Modo de pagamento
Matrícula curso completo para membros da Comunidade universitaria: 81.5€.Matrícula curso completo para persoas alleas á Comunidade universitaria: 230€.