CURSO DE FORMACIÓN EN MAESTRÍA EN COMPOSTAXE

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN MAESTRÍA EN COMPOSTAXE


Tipo Curso de Formación
Código FC041902
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN MAESTRÍA EN COMPOSTAXE
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Presencial
Horas 71
Información de contacto:  
 · Teléfono 986818781
 · Fax smato@uvigo.es
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 85
Créditos teóricos 5.4
Créditos prácticos 1.7

Destinatarios/as

Destinatarios establecidos pola Deputación de Pontevedra

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Proceso selectivo levado a cabo pola Deputación de Pontevedra

Calendario

HORARIO
Módulos teóricos
Luns-xoves 15:30 a 20:00
Módulo práctico V
15:00-20:00
Módulo práctico VI
9:30-13:30 e 15:00-19:00
Exames de maña 10:00-12:00

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Módulo 1. Estadio normativo actual. Experiencias en marcha en Galicia
Defínese o concepto lexislativo de residuos con especial atención a lexislación europea: plantexamento específico na xestión de bioresiduos coa nova Directiva 2018/851. Lexislación española relativa aos residuos municipais, programas de prevención e transposición da directiva de biorresiduos. Lexislación en Galicia, PXRUG (Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020) e situación dos biorresiduos.
Estado da xestión dos residuos municipais en Galicia: experiencias en marcha.
O módulo será impartido por 9 docentes e constará de 18 horas.
Módulo II. Modelos de xestión de referencia en España e Europa
Análise dos modelos de xestión de residuos municipais, situación actual das recollidas selectivas dos biorresiduos en Europa e España. Historia e estado actual da xestión dos residuos de recollida selectiva en orixe e dos biorresiduos en experiencias relevantes.

O módulo será impartido por 7 docentes e constará de 18 horas.
Módulo III. O REVITALIZA (1ª PARTE)
Introducción científico/técnica á compostaxe: definición, descrición do proceso e tecnoloxías dispoñibles, centrándose na descrición pormenorizada da compostaxe a pequena escala (local) nas súas variantes monoespacio de fluxo vertical (individual ou doméstico) e triple espacio de fluxo horizontal (comunitario).
Descrición pormenorizada da estratexia do REVITALIZA levada a cabo pola Deputación de Pontevedra.
Mecanismos de trazabilidade de datos especificamente deseñados para o REVITALIZA.
O módulo será impartido por 5 docentes e constará de 18 horas, 2 horas serán a cargo dous docentes.
Módulo IV. O REVITALIZA (2ª PARTE)
Estado actual do REVITALIZA: descrición pormenorizada e exposición de datos dos obxectivos acadados. Se exporá especificamente os resultados dos 5 concellos adheridos a liña II do REVITALIZA e o concello de Pontevedra, así coma, datos de concellos adheridos con compostaxe comunitario en implantado.

O módulo será impartido por 15 docentes da Diputación de Pontevedra e constará de 18 horas que serán impartidas a cargo de varios docentes. Para a correcta explicación do REVITALIZA as sesións son impartidas por máis de un docente.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Módulo V. Técnicas de compostaxe individual (COIN) e compostaxe comunitario (CCC)
Actividades prácticas a desenvolver nos composteiros individuais e nos composteiros comunitarios en diferentes instalacións da provincia de Pontevedra.

Os alumnos dividiranse en 4 grupos de 10 alumnos que recibirán 5 horas de formación cada grupo a cargo de 3 docentes. As restantes 2 horas serán a cargo dun docente. Para a correcta formación prácticas as sesións son impartidas simultaneamente por máis de un docente.
Módulo VI. Técnicas analíticas de proceso y técnicas analíticas de producto
Sesións prácticas para o desenvolvemento dos proceso de compostaxe. Análise de parámetros dos compost.
Os alumnos dividiranse en 4 grupos de 10 alumnos que recibirán 8 horas de formación cada grupo a cargo de 4 docentes. As restantes 2 horas serán en conxunto a cargo de tres docentes. Para a correcta formación prácticas as sesións son impartidas simultaneamente por máis de un docente.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é gratuita, segundo o establecido no convenio coa Deputación de Pontevedra

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:

Edificio Filomena Dato

2º andar - Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 816 554
E-mail: negociado.formacionpermanente@uvigo.es

Sistema de avaliación

A entrega e superación das tarefas propostas polo profesorado e os exames de cada módulo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos