Políticas Comunitarias, Desenvolvemento e Cooperación Transfronteiriza
Información do curso
Políticas Comunitarias, Desenvolvemento e Cooperación Transfronteiriza
Tipo | Máster | ||||
Código | M3010701 | ||||
Nome | Políticas Comunitarias, Desenvolvemento e Cooperación Transfronteiriza |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Descrición | Máster dirixido aos interesados en especializarse na xestión das políticas comunitarias de ámbito transfronterizo e no desenvolvemento territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, especialmente das titulacións de Dereito, Administración e Dirección de Empresas, Relacións Públicas e Publicidade... | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812263 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Filoloxía e TraduciónInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 02/07/2007 00:00 - 15/09/2007 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 03/09/2007 00:00 - 28/09/2007 23:59 |
Período de docencia | 04/10/2007 - 27/06/2008 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Créditos teóricos | 36 |
Créditos prácticos | 15 |
Destinatarios/as
O colectivo de potenciais destinatarios é moi amplo. As institucións públicas (vg. concellos, câmaras, mancomunidades, deputacións, distritos, etc..), e actores sociais (sindicatos, organizacións non gubernamentais, grupos de acción local...). Todos eles teñen interese obxectivo en dispor de especialistas en xestión das políticas e programas públicos comunitarios. Así mesmo, as entidades privadas que desenvolven a súa actividade en sectores moi influídos polas iniciativas dos órganos comunitarios entidades privadas (empresas dos diversos sectores con interese nos contactos con Portugal, organizacións de consultoría, asociacións empresariais, cámaras comercio, clubes financeiros...).Obxectivos
En liñas xerais, o obxectivo do programa consiste na formacion de persoas con sólidos coñecementos da Unión Europea nas súas verquentes organizativas e funcionais, dotándoas de ferramentas prácticas para contextualizar as políticas públicas comunitarias nunha rexión concreta e para tirar proveito das mesmas ao obxecto de contribuír a un maior desenvolvemento rexional.De xeito máis específico os obxectivos serían:
. Coñecer os principais eixos de actuación da Unión Europea e das súas políticas nos seus elementos configuradores para o período 2007-2013.
. Expoñer as políticas públicas comunitarias de desenvolvemento rexional e as institucións básicas que soportan as devanditas políticas.
. Adquirir habilidades para elaborar candidaturas aos programas máis relevantes para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para o período 2007-2013.
. Deseñar estratexias de desenvolvemento socio-económico da eurorrexión en función desas políticas.
Condicións de acceso
Para acceder ao título de MASTER:1.titulados/as universitarios.
Criterios de selección
Primarase o expedente académico dos candidatos. En segundo lugar o seu expediente profesional. Para o caso de que se establezan convenios con corporacións locais poderase reservar para os seus empregados públicos con titulación universitaria ata o 50% das prazas ofertadasCalendario
Data de inicio dos créditos teóricos: 04/10/2007Data de finalización dos créditos teóricos: 27/06/2008.
Data de inicio dos créditos de titorías: 04/10/2007
Data de finalización dos créditos de titorías: 27/06/2008
As sesións presenciais serán os xoves de 16:30 a 20:30 horas.
Data de inicio dos créditos prácticos: 04/10/2007
Data de finalización dos créditos prácticos: 27/06/2008.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:Estrutura socioeconómica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Estrutura político-administrativa da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Sistema institucional da Unión Europea
Cooperación transfronteiriza: historia e presente
Procesos políticos e axenda comunitaria
O período de programación 2007-2013
Políticas comunitarias de I+D e PEMEs
Políticas comunitarias do ambiente
Políticas comunitarias de educación, formación e cultura
Políticas de ordenación do territorio e infraestruturas
Políticas comunitarias de comunicación e TICs
Espazo de liberdades e competencia no ámbito comunitario
Políticas comunitarias de desenvolvemento rural
As políticas sociais comunitarias e o desenvolvemento eurorrexional
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Practicum
Obradoiro de elaboración de proxectos comunitarios
Modo de pagamento
Matrícula curso completo: 1000€. Poderase fraccionar o pago en 2 plazos, cada un deles polo 50% do importe da matrículaOfertaránse 5 bolsas de 210 euros cada unha.