CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F1051901 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 60 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 636694616 | ||||
· Fax | ramong@uvigo.es | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Ciencias da Educación
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 25/03/2019 00:00 - 20/05/2019 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 27/05/2019 00:00 - 09/09/2019 23:59 |
Período de docencia | 09/09/2019 - 18/11/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 18 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos teóricos | 4 |
Créditos prácticos | 2 |
Destinatarios/as
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios, e
4.De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos os mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Condicións de acceso
Comprensión oral e escrita da lingua galega
Criterios de selección
1. Persoas que, en lista de espera, solicitaron o curso anteriormente e non puideron acceder a el.
2. Alumnos da Universidade de Vigo, que cursaron ou cursan estudos no Campus de Ourense.
3. Titulados ou alumnos doutras universidades.
4. Persoas alleas á Universidade.
Calendario
Do 9-IX-2019 ao 9-X-2019 Luns, martes e mércores de 18 a 20 h.
Do 14-X-2019 ao 18-XI-2019 Luns e mércores de 18 a 21 h.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
A literatura e a ensinanza da literatura
As formas naturais de literatura.
Recursos e expresividade.
Formas de abordar o ensino da literatura
Didáctica da narración e creatividade
As ferramentas do escritor.
Como elixir as palabras.
A procura do estilo e da naturalidade.
Como lograr a visibilidade no relato.
Perfilar o punto de vista apropiado.
En que consiste a composición.
Formas de construir a escena.
O tratamento do diálogo
A singularidade do canto ou relato breve
Épocas, temas, motivos e estilos narrativos.
O mundo medieval e o mito.
O canto no nacemento da modemidade.
Tratamento dos tipos e costumes no canto literario.
Narración e ideoloxía.
A visión da historia no espello do relato.
A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
O engado do misterio como motivo literario.
O interese do canto realista como forma de autocoñecemento.
Parodia, ironía e intertextualidade.
A inversión dos valores épicos no relato contemporáneo.
A aparición do elemento fantástico ou marabilloso na narrativa
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Práctica da Creación literaria. Propostas de escrita
O retrato.
A descrición. O diálogo
A transformación.
A ligazón de recordos A experiencia
O relato a partir de palabras clave
Creación de conflitos e construción de personaxes. O escritor como receptor e emisor. Análises.
-O relato marabilloso.
-O relato fantástico e o relato realista.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 49,83 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:
Edificio Filomena Dato,
2º andar - Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 816 554
E-mail: negociado.formacionpermanente@uvigo.es
Sistema de avaliación
* É un curso presncial. Requírese asistencia (mínimo 85%).
* Elaboración dun relato breve (texto de 2 folios por unha cara, Times New Roman, corpo 12, interliñado 1´5, xustificado) que debe presentarse ao final do curso.