Ferramentas para o profesorado (Campus de Vigo)
Información do curso
Ferramentas para o profesorado (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | AR19 | ||||
Nome | Ferramentas para o profesorado (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 24 | ||||
Descrición | O curso Ferramentas para o profesorado é unha actividade formativa que é recoñecida polas Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do PDI. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 000 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso, con composición modular, abordará as seguintes temáticas: linguaxe inclusiva, Excel como ferramenta de avaliación, presentacións eficaces e introdución ao LaTeX.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/03/2019 12:00 - 08/04/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 12/04/2019 - 30/05/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Terán preferencia os/as docentes do Grupo de Innovación Docente RED-IS (Rede educativa docente-innovar en sociedade).
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Aplicar a linguaxe inclusiva nos documentos e apuntes e comunicación oral dos profesores/as.
- Usar a folla de cálculo Excel como ferramenta de avaliación.
- Deseñar unha presentación empregando comunicación eficaz.
- Xerar un documento científico usando o sistema LaTeX.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Parte presencial:
12, 26 de abril, 10, 24 de maio de 9.30 a 13.30 horas.
Parte a distancia:
8 horas do 24 ao 31 de maio.
Programa
Módulo 1: Linguaxe inclusiva. Tratarase, dentro das normas expresivas da nosa lingua, de acudir a un amplo repertorio de técnicas expresivas e alternar a súa aplicación para lograr un texto balanceado, atractivo, transparente e fluído na súa lectura.
Módulo 2: Excel como ferramenta de avaliación. Verase o uso do Excel como ferramenta para avaliar o aprendizaxe baseado en competencias ou en proxectos.
Módulo 3: Presentacións eficaces. Verase como facer presentacións eficaces que nos axuden a comunicar a mensaxe desexada.
Módulo 4: Introdución a LaTeX. LaTeX é un sistema de composición de textos, orientado especialmente á creación de libros, documentos científicos e técnicos que conteñan fórmulas matemáticas.
Impartido en
No mes de abril desenvolverase na sala IV do edificio Miralles. Está pendente de confirmar a aula do mes de maio.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% das sesións presenciais e superen a parte virtual.
Profesorado
Susana Rodríguez Barcia
Profesora do Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo.
José Luis González Cespón
Profesor do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.
José Antonio Alonso Rodríguez
Profesor do Departamento Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.
Amparo Rodríguez Damián
Profesor do Departamento de Informática da Universidade de Vigo.