Curso de redacción e estilo
Información do curso
Curso de redacción e estilo
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL00043 | ||||
Nome | Curso de redacción e estilo |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 40 | ||||
Descrición | Escribir pode ser unha tarefa actractiva se adquirimos certas habilidades e coñecementos que melloran, e moito, os nosos textos. Por iso un curso de redacción e estilo pode representar unha oportunidade para achegar coñecementos de estilo e de redacción a quen se enfronta diariamente coa tarefa de producir escritos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/02/2019 09:00 - 05/02/2019 09:00 |
---|---|
Período de docencia | 01/04/2019 - 26/04/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1.3 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria
Obxectivos
- Coñecer e valorar o concepto de lexibilidade, así como reflexionar sobre as variables que inflúen na lexibilidade dun texto e saber diferenciar rexistros para axustar os niveis de expresión a cada situación comunicativa.
- Valorar a utilidade de planificar e ordenar a información dos nosos textos, ademais de fixar as cuestións que debemos ter en conta á hora de redactar e revisar o que escribimos.
- Adquirir os coñecementos necesarios para redactar textos cunha linguaxe clara, precisa e adecuada; coa idea de coñecer as pautas básicas para emitir e recoñecer textos ben escritos.
- Perfeccionar a expresión escrita, para chegar a elaborar textos expresivos e correctos, que teñan en conta aspectos como a adquisición de destrezas no uso correcto da puntuación.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
As prazas xa están cubertas.
Calendario
É un curso virtual.
Programa
- Claves para unha redacción eficaz (3 horas)
- Comezar a escribir (3 horas)
- Para redactar ben (4 horas)
- Puntuar un texto (3 horas)
- Abreviacións (3 horas)
- Maiúsculas e minúsculas (4 horas)
- Recursos tipográficos (3 horas)
- Lingua e usos non-sexistas (3 horas)
- Palabras de ortografía dubidosa (4 horas)
- A revisión do texto (3 horas)
- Redacción de documentos (4 horas)
- Lingua galega: actualidade e ferramentas TIC (3 horas)
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Sistema de avaliación
Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.
Data da proba final en liña: 6 de maio, de 17.00 a 17.45 h