Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo (Campus de Vigo)
Información do curso
Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPWORD19VI | ||||
Nome | Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 21/01/2019 12:00 - 17/04/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 13/05/2019 - 03/06/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Comprender a linguaxe HTML para a creación e modificación de contidos en blogs e webs.
- Capacidade para instalar e manter o CMS WordPress.
- Identificar temas e complementos de WordPress en webs externas para o seu emprego nunha web persoal.
- Identificación de necesidades de comunicación en WordPress e a súa solución.
- Personalización de contidos e deseño dunha web con WordPress empregando compositores visuais que non requiren programación.
Calendario
Parte presencial (16 horas):
13, 20, 27 de maio e 3 de xuño de 10 a 14 horas.
Parte a distancia (4 horas):
Do 13 de maio ao 3 de xuño.
Programa
- Creación e xestión de contidos web en wordpress.com: menús, páxinas, artigos, comentarios e xestión do backend.
- Instalación de WordPress nun servidor propio e migración dos datos de de wordpress.com a wordprss.org.
- Plugins en WordPress: esenciais, seguridade e copia de seguridade.
- Templates e personalización do blog: compositores visuais para mudar a apariencia gráfica.
Impartido en
Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80% das sesións presenciais do curso e obteñan a cualificación de apto/a na parte non presencial.
Observacións:
É imprescindible que os/as asistentes ao curso teñan unha conta de correo do tipo "nome@uvigo.es" e que soliciten ao saum@uvigo.es a alta do espazo web asociado e a correspondente base de datos para poder hospedar a instalación do WordPress.
Profesorado
Luis Xabier Martínez Rolán
Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, con ampla experiencia no desenvolvemento e mantemento de webs baseadas en Wordpress. Actualmente imparte un Módulo de Wordpress no Mestrado de Marketing Digital da USC (2015 – actualidade) e impartiu dous cursos de Introducción de Wordpress (20h) entre o profesorado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra (2016 e 2017).
Alberto Dafonte Gómez
Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade e coordinador do Grupo de Innovación Docente Medios Dixitais e Aprendizaxe Participativa. Ten unha longa experiencia no manexo de medios dixitais e no uso de WordPress.