Traballos en altura

Información do curso

Traballos en altura


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLSVI1800101
Nome Traballos en altura
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 6
Descrición

Curso exclusivamente dirixido ao persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo que realice traballos en alturas a máis de 2 metros.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814 088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo e Seganosa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/09/2018 09:00 - 16/10/2018 14:00
Período de docencia 23/10/2018 - 23/10/2018

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 8

Destinatarios/as

Persoal docente e investigador e de administración e servizos do Campus de Vigo que realice traballos en alturas a máis de 2 metros.

Obxectivos

  • Dotar ao alumnado das técnicas básicas de traballo en altura
  • Coñecer os materiais necesarios para o desenvolvemento dos traballos en alturas, tales como EPI’s, sistemas de ancoraxes, etc..., e as técnicas de movementos
  • Adquirir os coñecementos básicos necesarios para desenvolver a progresión sobre o medio con seguridade

Criterios de selección

De superarse o número de prazas ofertadas, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais realizará a selección das persoas inscritas que asistirán ao curso atendendo a criterios técnicos relacionados cos contidos do curso, tarefas realizadas, riscos do posto e o número de solicitudes por centro, área ou servizo.

Calendario

Data: 23 de outubro de 2018.

Horario: 08:30 h. a 14:30 h.

Programa

CONTIDO TEÓRICO

  1. Normativa xeral aplicable a este tipo de traballos: lei de prevención de Riscos Laborais
  2. A seguridade e a prevención de riscos nos traballos de altura
  3. En que consiste un traballo de altura e tipos
  4. Descrición dos EPI’s específicos (normativa vixente):
    • Tipoloxía, características, prestacións, normas de uso e conservación
  5. Tipoloxía de situacións de traballo e técnicas de seguridade

 

CONTIDO PRÁCTICO

  1. Utilización dos equipos de protección individual:
    • Axuste de elementos
    • Utilización de equipo básico
  2. Progresión con dobre cabo de ancoraxe
  3. Utilización de cabo de ancoraxe de posicionamento
  4. Utilización práctica de dispositivos anti-caídas
  5. Instalación de sistemas de seguridade en estruturas ou ancoraxes
  6. Práctica de técnicas básicas de manexo de cargas en altura

Impartido en

Nas instalacións de Seganosa, en Alxén s/n, Salvaterra de Miño.

Ver en Google Maps: https://goo.gl/xJnAra Coordenadas: 42.107158, -8.508570

Observacións

Para o desprazamento a Seganosa haberá un autobús da Universidade dispoñible dende o Campus de Vigo (Lagoas, Marcosende).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos