CURSO DE FORMACIÓN EN MAESTRÍA EN COMPOSTAXE
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN MAESTRÍA EN COMPOSTAXE
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | FC041801 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN MAESTRÍA EN COMPOSTAXE |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 82 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812667 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Departamento de Ecoloxía e Bioloxía AnimalInformación sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 19/03/2018 14:38 - 23/05/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 02/04/2018 - 11/05/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 30 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos teóricos | 5.6 |
Créditos prácticos | 2.6 |
Destinatarios/as
Destinatarios establecidos pola Deputación de Pontevedra segundo as Bases da convocatoria publicada no Boletín Oficial de Pontevedra do luns 5 de febreiro de 2018 número 25 e en virtude do convenio establecido entre a Deputación de Pontevedra e a Universidade de VigoCondicións de acceso
Establecidos pola Deputación de Pontevedra en virtude do convenio coa Universidade de VigoCriterios de selección
Establecidos pola Deputación de Pontevedra en virtude do convenio coa Universidade de VigoCalendario
2/04/2018 - 5/04/2018 15:30 a 19:306/04/2018 10:00 a 12:00
9/04/2018 - 12/04/2018 15:30 a 19:30
13/04/2018 10:00 a 12:00
16/04/2018 - 19/04/2018 15:30 a 19:30
20/04/2018 10:00 a 12:00
23/04/2018 - 26/04/2018 15:30 a 19:30
27/04/2018 10:00 a 12:00
Grupo 1 02/05/2018 09:30 a 13:30 y 15:30 a 19:30
Grupo 2 03/05/2018 09:30 a 13:30 y 15:30 a 19:30
Grupo 3 04/05/2018 09:30 a 13:30 y 15:30 a 19:30
Grupo 1 07/05/2018 09:30 a 13:30 y 15:30 a 19:30
Grupo 2 08/05/2018 09:30 a 13:30 y 15:30 a 19:30
Grupo 3 09/05/2018 09:30 a 13:30 y 15:30 a 19:30
10/05/2018 09:30 a 13:30 y 15:30 a 19:30
11/05/2018 10:00 a 12:00
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:Módulo I. Os residuos sólidos: encadre lexislativo/normativo e comunicativo/educativo
Defínese o concepto lexislativo de residuos e dende a historia municipal, desenvolvese a evolución normativa existente. Lexislación europea,plantexamento específico na xestión de bioresiduos. Lexislación española, relación cos residuos municipais e os programas de prevención. PEMAR (Plan Estatal Marco de Residuos). Situación en Galiza antes e despois de PXRUG (Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020). A educación ambiental na xestión de residuos.
O módulo será impartido por 10 docentes e constará de 14 horas, 2 horas serán a cargo dous docentes.
Módulo II. Os residuos sólidos: encadre tecnolóxico/científico
Tipoloxías dos residuos, caracterización cualitativa e cuantitativa, plantas de xestión. Tratamentos biolóxicos. A compostaxe, definición, descrición do proceso, tecnoloxías dispoñibles, tipos de plantas de tratamento. A vermicompostzxe, definición do proceso, ciclo biolóxico, metodoloxías de xultivo e tecnoloxías dispoñibles.
O módulo será impartido por 12 docentes e constará de 14 horas, 2 horas serán a cargo dous docentes.
Módulo III. Os residuos sólidos: encadre recollidas/loxística/xestión
Análise da situación actual das recollidas selectivas da FORM en Europa, España e Galicia. Historia e estado actual da xestión dos residuos de recollida selectiva en orixe e dos residuos orgánicos.
O módulo será impartido por catro docentes da Diputación de Pontevedra e constará de 14 horas, 2 horas serán a cargo dous docentes..
Módulo IV. REVITALIZA
Explicación en detalle do Plan Revitaliza de compostaxe posto en marcha pola
Deputación de Pontevedra. Modelo e estado actual do plan.
O módulo será impartido por catro docentes da Diputación de Pontevedra e constará de 14 horas, 2 horas serán a cargo dous docentes.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Módulo V. Técnicas de compostaxe individual (COIN) e compostaxe comunitario (CCC)
Actividades prácticas a desenvolver nos composteiros individuais e nos composteiros comunitarios en diferentes instalacións da provincia de Pontevedra.
Os alumnos dividiranse en 3 grupos de 10 alumnos que recibirán 8 horas de formación cada grupo a cargo de 4 docentes. As restantes 8 horas serán en conxunto a cargo de dous docentes.
Módulo VI. Técnicas analíticas de proceso y técnicas analíticas de producto
Sesións prácticas para o desenvolvemento dos proceso de compostaxe e vermicompostaxe. Análise de parámetros dos compost. Cultivo de miñocas e determinación das súas características específicas
Os alumnos dividiranse en 3 grupos de 10 alumnos que recibirán 8 horas de formación cada grupo a cargo de 4 docentes. As restantes 2 horas serán en conxunto a cargo dun docente.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase no Servizo de xesti&ocute;n de Estudos de Posgrao:
Edificio anexo a Xerencia 2º andar
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 816 554
E-mail: negociado.formacionpermanente@uvigo.es
Sistema de avaliación
A entrega e superación das tarefas propostas polo profesorado e os exames de cada módulo.