Introdución a JavaScript e programación web
Información do curso
Introdución a JavaScript e programación web
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0073 | ||||
Nome | Introdución a JavaScript e programación web |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | JavaScript é unha linguaxe de programación sinxela, potente, versátil e extensamente usada para crear dinamismo nas páxinas web. Traballarase os elementos básicos de programación, creación de variables, ámbitos de variables, controladores de fluxo, funcións modificacións de elementos HTML e eventos xerados polo usuario dunha páxina web. Usaranse elementos de HTML5 para comprobar as novas competencias dos navegadores, como poderá ser controlar audio vía JavaScript. Ensinarase tamén a usar a ferramenta "Developers tools" para depurar e comprobar os valors e posibles erros xerados. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986802080 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 12/03/2018 11:30 - 02/04/2018 14:00 |
---|---|
Período de matrícula | 12/03/2018 11:30 - 04/04/2018 14:01 |
Período de docencia | 04/04/2018 - 12/04/2018 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e público en xeral
Obxectivos
Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades de JavaScript na web.
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática e saber econtrar erros nas aplicacións.
Capacitar ao alumnado para que con tales nocións básicas poida profundizar na investigación e no desenvolvemento das súas capacidades para poder crear as súas propias páxinas web ou librarías JavaScript.
Condicións de acceso
Presincripción e matrícula a través de bubela
Criterios de selección
Rigorosa orde de preinscripción e matrícula ata cubrir a totalidade das prazas
Calendario
4,5,11 e 12 de abril de 2018 de 16:00 a 19:00 horas
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás
Programa
Introdución a JavaScript
Variables, tipos de variables e operadores
Estruturas de control de fluxo (if,else,for,in for, of)
Funcións
Eventos
Depurar código
Introdución a HTML5
HTML5 e JavaScript
Modo de pagamento
Matrícula gratuita
Impartido en
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás
Profesorado
Daniel Piñeiro Calvo