O IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL

Información do curso

O IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL


Tipo Curso de Formación
Código FX060701
Nome O IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 30
Descrición O obxectivo do curso é que o alumno aprenda as características básicas do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) mediante unha análise pormenorizada dos diferentes elementos que regulan o citado imposto. Os coñecementos prácticos representan aproximadamente o 50% do curso, comprendendo a aplicación do proceso liquidatorio do imposto nas diferentes operacións e casuísticas analizadas no curso mediante a discusión e resolución de casos.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812505
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O obxectivo do curso é que o alumno aprenda as características básicas do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) mediante o análise detallado dos elementos sustantivos relativos á suxeción ó imposto, feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas, tanto no relativo ás operacións interiores (as entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais) coma no tráfico internacional (as adquisicións intracomunitarias e as importacións e exportacións).

Tamén serán obxecto dunha análise pormenorizada os elementos a incluir na base impoñible do imposto e as regras especiais para a valoración de determinados bens e servicios (contraprestación en especie, autoconsumo, etc.), así coma os tipos impositivos segundo operacións.

Abordaranse igualmente cuestións relativas ás deduccións e devolucións, determinación da regra da Prorrata e as suas modalidades, así coma os requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións e as condicións para a devolución do IVE. Finalmente, estudiaránse os Rexímenes Especiais do IVE, Simplificado e Recargo de Equivalencia.

O curso pretende ofrecer unha formación completa ós seus alumnos, non só no ámbeto da normativa que regula o IVE senón tamén cos coñecementos prácticos necesarios. Este obxectivo abordarase coa aplicación do proceso liquidatorio do imposto nas diferentes operacións e casuísticas analizadas ó longo do curso mediante a discusión e resolución de casos prácticos.

Entidades organizadoras

DEPARTAMENTO ECONOMIA APLICADA

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/05/2007 00:00 - 25/06/2007 00:00
Período de matrícula 28/05/2007 00:00 - 25/06/2007 00:00
Período de docencia 26/06/2007 - 06/07/2007

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 30
Número máximo de participantes 70
Créditos teóricos 1.6
Créditos prácticos 1.4
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

- Alumnos/as da Universidade de Vigo
- Titulados universitarios de 1º e 2º ciclo
- Profesionais relacionados coa fiscalidade sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.

Condicións de acceso

1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo.
2. Alumnos/as da Universidade.
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Priorizada en base ós dous seguintes criterios :
1º. Alumnos/as de Titulacións de Economía e Empresa da Universidade de Vigo. Na orde de preferencia teranse en conta aqueles alumnos con coñecementos previos de fiscalidade, escomenzando por aqueles matriculados nos últimos cursos.
2º. Orde de preinscripción.

Calendario

- Martes 26 de Xuño de 16h a 20:30h
- Mércores 27 de Xuño de 16h a 20:30h
- Xoves 28 de Xuño de 16h a 20:30h
- Venres 29 de Xuño de 16h a 20:30h
- Martes 3 de Xullo de 16h a 19h
- Mércores 4 de Xullo de 16h a 19h
- Xoves 5 de Xullo de 16h a 19h
- Venres 6 de Xullo de 16h a 19h

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
  1. Introducción ó imposto sobre o valor engadido: Natureza e ámbito de aplicación
  2. Operacións Interiores (I). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
  3. Operacións Interiores (II). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
  4. Tráfico Internacional (I). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
  5. Tráfico Internacional (II). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
  6. Base Impoñible e Tipos Impositivos
  7. Deduccións e Devolucións
  8. Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia

MÓDULOS PRÁCTICOS:

  1. Operacións Interiores. Estudio de casos
  2. Tráfico Internacional. Estudio de casos
  3. Base Impoñible e Tipos Impositivos. Estudio de casos
  4. Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia. Estudio de casos

Modo de pagamento

Matrícula curso completo: 57€.

Impartido en

FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

Observacións

Pasos para matricularse no curso:
1.Darse de alta como usuario na Área de Posgrao Virtual. ( https://bubela.uvigo.es )
2.Facer a preinscrición online.
3.Unha vez aceptada a preinscrición, pagar as taxas en Caixanova.
4.Facer chegar ao director do curso a documentación requirida (ver abaixo).
5.A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico.

Documentación requirida:
-Fotocopia do DNI.
-Xustificante de ingreso bancario.

O enderezo postal para enviar a documentación é:

Miguel Rodriguez Méndez
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
36310 Vigo

Titulación

Diploma do Curso de Formación da Universidade de Vigo "O IVE na Fiscalidade Empresarial"

Para a obtención do citado título é requisito indispensable asistir alomenos a un 75% das horas de clase (teóricas e prácticas) e contar ademais cunha calificación positiva do aproveitamento do curso.

Sistema de avaliación

Asistencia e avaliación continua dos coñecementos adquiridos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos