Loita contra incendios
Información do curso
Loita contra incendios
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLSUV1800501 | ||||
Nome | Loita contra incendios |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de intervención e de interese para os demais membros incluidos nos equipos de emerxencia dos planes de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 814 088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo e Seganosa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 12/03/2018 09:00 - 23/03/2018 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 03/04/2018 - 03/04/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 22 |
Destinatarios/as
O persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Coñecer os mecanismos básicos de iniciación, propagación e extinción dun incendio.
- Saber manexar correctamente os extintores, mangueiras e equipos de respiración.
- Concienciarse dos perigos existentes nos centros de traballo e actuar de modo seguro.
Criterios de selección
Terá preferencia o persoal da Facultade de Filoloxía e Tradución por estarse implantando o Plan de Autoprotección.
Calendario
Data: 3 de abril de 2018.
Horario: 09:30 h. a 13:30 h.
Programa
A. Contido teórico.
1. Conceptos básicos sobre o lume e a súa natureza:
Teoría da xeración do lume .
2. Conceptos básicos sobre seguridade no uso de axentes extintores:
Tipos de axentes extintores e características dos mesmos presentes nas
instalacións da Universidade de Vigo.
B. Contido práctico
1. Extintores portátiles: PQS - 43 A-233B. P. Incorporada. - C02 89B:
Extinción en superficies libres con simulación de combustibles líquidos para o adestramento da difusión continua de po. (O lume realizarase con combustible
Tipo B sobre un leito acuoso pódese simular lume en ordenador ou en papeleira de zona de oficinas).
Simulación de Extinción en estantes de almacenaxe de produtos inflamables
para o adestramento da difusión a pulsos.
Extinción en cadro eléctrico con extintores de C02.
2. Uso e manexo de liñas de mangueiras:
Utilización e manexo de mangueiras. Traballo con BIES. (Avance, retroceso,caudais)
Simulación de extinción de lume de gas con liñas de auga co obxectivo de practicar a coordinación e o traballo en equipo ademais do manexo de diferentes tipos de chorro en función da situación do sinistro. (Extinción de Árbore de tubaxe de Gas ou simulador de depósito de almacenaxe de propano para calefacción)
Impartido en
Nas instalacións de Seganosa, en Alxén s/n, Salvaterra de Miño.
Ver en Google Maps: https://goo.gl/xJnAra Coordenadas: 42.107158, -8.508570
Observacións
Para o desprazamento a Seganosa haberá un autobús da Universidade dispoñible dende o Campus de Vigo.