Incorporación da análise de xénero á investigación (Campus de Vigo)

Información do curso

Incorporación da análise de xénero á investigación (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPIG18VI
Nome Incorporación da análise de xénero á investigación (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

Este curso vai dirixido a mellorar as competencias do persoal investigador para a na incorporación da perspectiva de xénero tanto nos potenciais proxectos de investigación, as teses doutorais e os artigos científicos que poidan derivarse das investigacións. Preséntase o marco conceptual que sostén a inclusión da perspectiva de xénero na investigación e os principais nesgos de xénero e indicarase como introducir a perspectiva de xénero en cada unha das fases do proceso investigador, desde a elección do problema para investigar e a selección da mostra, ata a análise dos resultados e a súa posterior publicación.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Incorporación da análise de xénero á investigación insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/02/2018 12:00 - 05/04/2018 00:00
Período de docencia 19/04/2018 - 11/05/2018

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Mellorar a habilidade de incluir a perspectiva de xénero en todas as fases da investigación.
  • Aumentar a capacidade para evitar o sexismo na investigación.
  • Afondar na capacidade para realizar e presentar un proxecto de investigación ou un proxecto sen nesgos sexistas.

Calendario

Parte presencial:

 Calendario: 19 de abril.
 Horario: de 16 a 20 horas.

Parte virtual: do 20 de abril ao 11 de maio.

Programa

  1. Concepto, tecnoloxías e nesgos sexistas.
  2. O enfoque de xénero na investigación.
  3. Xénero e investigación nas ciencias sociais.
  4. Xénero e investigación no medio ambiente e as tecnoloxías.

Impartido en

Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan a toda sesión presencial e superen a parte virtual.

Profesorado

Capitolina Díaz Martínez

Catedrática de Socioloxía da Universitat de València. É doutora en Socioloxía pola Universidade de Londres e  expresidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas.  Desenvolveu diferentes altos cargos na Administración Pública do 2006 ata o 2010. Ten unha longa traxectoria investigadora coa participación en máis de 15 peoxectos e 100 publicacións.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos