Vigo:empresa e sociedade

Información do curso

Vigo:empresa e sociedade


Tipo Curso de Formación
Código F3060701
Nome Vigo:empresa e sociedade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 39
Descrición Este curso consta dunha serie de conferencias e mesas redondas impartidas por importantes personalidades do ámbito político e empresarial tanto de Vigo coma de Galicia.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813748
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Escola Universitaria de Estudios Empresariais

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 12/04/2007 00:00 - 25/04/2007 23:59
Período de matrícula 16/04/2007 00:00 - 25/04/2007 23:59
Período de docencia 23/04/2007 - 27/04/2007

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 40
Número máximo de participantes 80
Créditos teóricos 3.3
Créditos prácticos .6

Destinatarios/as

Estudiantes da Diplomatura en Ciencias Empresariais da Universidade de Vigo.
Estudiantes de outras titulacións da Universidade de Vigo.
Titulados e profesionais que reúnan os requisitos para cursaren estudios universitarios.

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Ser estudiante da EUEE (terán prioridade sobre calquera outro solicitante, e, no caso de solicitantes da EUEE se establece prioridade por nivel de curso, de superior a inferior).
Se quedan prazas baleiras, orden de solicitude.

Calendario

Curso: 23 ó 27 de abril.
Preinscripción: 12-16 abril
Matrícula: 16-19 abril

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Innovación
A innovación no tecido empresarial da cidade de Vigo e a súa área da influencia é unha necesidade indiscutible hoxe máis que nunca nun mundo globalizado para poderen competir con calquera outro mercado. Presentarásen visións complementarias das innovacións en empresas do noso entorno, do papel dinamizador que debe procurar a administración autonómica e da perspectiva do sector financieiro como foco de apoio á dita innovación. O módulo constará de tres actividades:
1. Conferencia (Salustiano Mato)
2. Conferencia (Carlos Palleiro)
3. Mesa redonda (OTRI/3 empresas)

Infraestructuras e política
Analizaráse o papel fundamental que as infraestructuras e a loxísitica xogan na competitividade da empresa de Vigo. Constará de dúas mesas redondas e dúas conferencias:
1. Conferencia (Xunta)
2. Conferencia (Axencia de Pesca)
3. Mesa redonda (Aeroporto/Porto/Dirección Xeral)
4. Mesa redonda (Candidatos á Alcaldía de Vigo)

Sectores empresariais
Este módulo centraráse en empresas de dous sectores moi diferenciados e característicos de Vigo: a construcción naval e o deporte.
1. Conferencia (Barreras)
2. Conferencia (Celta)
3. Mesa redonda (Náutico/2 empresas)

Formación empresarial

No momento de incorporación ó Espacio Europeo de Educación Superior, é preciso reflectir sobre o papel que os contidos da Diplomatura de Empresariais xogarán no novo mapa de títulos.
1. Consellería de Traballo
2. Conferencia (Marta García e Begoña Jamardo)
2. Conferencia (José Mª Docampo)
3. Mesa redonda (4 empresas)
4. Mesa redonda (Colegio titulados, AJE, Vicerrectora, Xunta)

MÓDULOS PRÁCTICOS:
Visita ó Porto de Vigo
A visita comenza ás 7,00 na lonxa de peixe fresco (altura e baixura). Despóis, nun autocar, se realiza un recorrido guiado polo peirao de Bouzas e polo de Guixar. Culmina o percorrido cun desprazamento en barco para ve-lo porto desde o mar.

Modo de pagamento

A taxas de matrícula son de 28.25 euros.

Sistema de avaliación

Asistencia ó 80% das sesións.
Proba(s) de contido que serán celebradas no transcurso das actividades.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos