Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Pontevedra)
Información do curso
Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Pontevedra)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPAPP18VI | ||||
Nome | Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Pontevedra) |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | A actividade formativa axudará a desenvolver aplicacións móbiles para android, desde a súa concepción, o bocetado, a programación (sen necesidade de coñecer linguaxes de programación) mendiante compiladores de aplicacións como AppInventor e Thunkable, a exportación e a instalación das aplicacións nos diferentes teléfonos móbiles e tablets que funcionen baixo o sistema operativo Android. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 26/12/2017 12:00 - 04/04/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 10/04/2018 - 24/04/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Obxectivos
- Comprender os principios do deseño de aplicacións para móbiles.
- Identificar os diferentes tipos de aplicacións.
- Capacidade para crear prototipos funcionais de apps webs móbiles para android.
- Capacidade para crear prototipos funcionais apps webs nativas para android.
- Dominar os principais elementos de interacción das aplicacións móbiles: botóns, canvas, integración con outros elementos do teléfono móbil (mail, fotos, mapas...).
Calendario
Calendario: 10, 17 e 24 de abril.
Horario: de 16 a 19 horas.
Programa
- Desenvolvemento da idea matriz de competencia. (2 horas a distancia).
- Bosquexado da aplicación. (2h presenciais e 2 a distancia).
- App inventor e Thunkable. Exportación e instalación da aplicación. 14h (6 presenciais e 8 a distancia).
Impartido en
Campus de Pontevedra. Aula de informática da Facultade de Fisioterapia.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80% das sesións presenciais do curso e obteñan a cualificación de apto/a na parte non presencial.
Profesorado
Luis Xabier Martínez Rolán
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, con experiencia en xestión de contidos web e redes sociais para empresas e institucións ata 2017, momento no que se incorpora á Universidade como Profesor Axudante Doutor.
De 2013 a 2016 foi profesor asociado na Universidade de Vigo, onde imparte varias materias relacionadas co eido dixital. Entre elas, a materia Proxectos interactivos en novos medios: telefonía móbil e TDT na que aborda o proceso de idea, prototipado e plan de viabilidade dunha aplicación para dispositivos móbiles, empregando AppInventor e Thunkable na parte práctica da materia.