Campaña de prevención de lesións músculo-esqueléticas (Vigo)
Información do curso
Campaña de prevención de lesións músculo-esqueléticas (Vigo)
Tipo | Taller | ||||
Código | SPRLAVI1700602 | ||||
Nome | Campaña de prevención de lesións músculo-esqueléticas (Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | Prevención de lesións musculoesqueléticas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986814088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O obxectivo xeral do taller é dotar aos asistentes dalgunhas ferramentas prácticas para evitar as lesións musculoesqueléticas en traballos ergonómicamente comprometidos ou expostos a movementos repetitivos.
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo e Norprevención, S.L.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/11/2017 09:40 - 16/11/2017 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 20/11/2017 - 20/11/2017 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 12 |
---|
Destinatarios/as
Persoal que realiza tarefas de despacho e/ou con ordenador.
Obxectivos
- Identificar os riscos ergonómicos aos que está exposto o traballador na súa contorna laboral
- Propor solucións e recomendacións para diminuír os riscos identificados
- Realizar exercicios de estiramento e fortalecemento muscular
- Propor a práctica de deportes e exercicios adecuados para a persoa en función do tipo de actividade
- Concienciar sobre a importancia de hábitos saudables física e mentalmente
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Calendario
Luns, 20 de novembro de 2017
De 15:15 a 17:15 horas.
Programa
CONTIDOS | Teoría |
1. Introdución
- Introdución. Presentación do persoal
- Metas e obxectivos principais de aprendizaxe
- Instrucións de seguridade e procedementos de emerxencia
2. Lexislación
- Lexislación Nacional
- Normas de referencia
3. Anatomía columna vertebral
- Introdución anatómica e funcional da columna vertebral
- Cervical
- Dorsal
- Lumbar
4. Anatomía ombreiro-cóbado-boneca-mano
5. Prevención de trastornos musculoesqueléticos nas costas
- Exercicios de quecemento previos ao labor
- Exercicios de fortalecemento muscular
- Exercicios de flexibilidade e estiramento
6. Diagnóstico e tratamento das lesións máis frecuentes
- Exercicios para potenciar a flexibilidade
- Exercicios de tonificación
- Exercicios de estiramento
CONTIDOS | Práctica |
Exercicios de quecemento previos ao traballo
- Exercicios de fortalecemento muscular
- Exercicios de flexibilidade e estiramento
- Exercicios de flexibilidade
- Exercicios de tonificación
- Exercicios de estiramento
Metodoloxía: Curso en modalidade presencial. A parte teórica desenvolverase coa exposición do docente apoiado en presentacións seguindo os puntos expostos na programación.
A parte práctica consistirá na realización por cada asistente de exercicios prácticos baseados na simulación de situacións reais mediante os estiramentos, dividido en grupos en función do posto de traballo.
Impartido en
Edificio de Ciencias Experimentais. Bloque 3, aula 17.
Profesorado
Dona Ana Iglesias, fisioterapeuta cunha dilatada traxectoria profesional.