PROGRAMA DO CURSO. INICIACIÓN AOS RECURSOS WEB PARA A EDUCACIÓN
Información do curso
PROGRAMA DO CURSO. INICIACIÓN AOS RECURSOS WEB PARA A EDUCACIÓN
| Tipo | Curso de Formación | ||||
| Código | CFP0071 | ||||
| Nome | PROGRAMA DO CURSO. INICIACIÓN AOS RECURSOS WEB PARA A EDUCACIÓN |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 12 | ||||
| Descrición | Actualmente as novas tecnoloxías da información e comunicación convertéronse nun elemento imprescindible da sociedade actual, un elemento necesario na vida das persoas. As diferentes etapas educativas teñen por obxectivo o desenvolvemento integral do alumnado, isto implica que as TIC estean presentes en todo momento. Por esta razón, cómpre que o profesorado estea en continuo contacto coas novas tecnoloxías e coñeza os seus beneficios e utilidades para o alumnado. Os obxectivos principais deste curso é dar a coñecer de xeito xeral ferramentas que axuden o proceso ensino-aprendizaxe e a crear inquietudes de querer profundar nesta área. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986802080 | ||||
| · Fax | 986802082 | ||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de preinscrición | 13/11/2017 00:00 - 18/11/2017 21:00 |
|---|
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 15 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Condicións de acceso
Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non poderán volverse a matricular nos curso da Aula Tecnolóxica ata que transcorran dous anos dende a data de comezo do último curso no que se matriculou. Prazo de preinscrición: dende as 08:00 horas do 13/11/2017 ás 21:00 horas do 18/11/2017 na plataforma Bubela.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Obxectivos
- Dar a coñecer a importancia que teñen as tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación
- Identificar e recoñecer as ferramentas web que poden ser útiles no ámbito educativo
3. Adquirir conceptos básicos no uso das TIC no ámbito docente
Profesorado
Isaac Gómez Figueroa
Programa
- As TIC na educación: definición, características e vantaxes. Internet como medio educativo
- Ferramentas Google: gmail, documentos, classroom...
- O blog como ferramenta educativa: blogger
- Ferramentas colaborativas
- As TIC para as necesidades educativas especiais
Calendario
20, 22, 27, 29 de novembro e 4, 5 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 h.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás
Rúa D. Filiberto 9-11 36002 Pontevedra.


