Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo)

Información do curso

Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCOAC17VI
Nome Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Nos últimos anos houbo un gran interese e desenvolvemento, dentro do ámbito educativo, pola potenciación e desenvolvemento persoal do alumnado. Neste sentido os/as docentes de todas as etapas víronse na necesidade de reelaborar os seus propios esquemas de actuación e formarse na adquisición de ferramentas e técnicas que lles permitan retomar o seu rol de axente activo no proceso de aprendizaxe do alumnado. Así, neste contexto, a figura do profesor/a como coach cada vez cobrou un maior protagonismo. Con esta proposta formativa, búscase introducir e iniciar ao profesorado da Universidade Vigo en técnicas e ferramentas de uso habitual no coaching educativo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/10/2017 12:00 - 13/11/2017 23:59
Período de docencia 23/11/2017 - 24/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Coñecer de que maneira o coaching contribúe a mellorar a contorna da educación universitaria.
  • Potenciar as habilidades de comunicación e contribuír a que o profesorado sexa un dinamizador da aprendizaxe e a investigación.
  • Iniciar ao/á docente en ferramentas de coaching que lle faciliten o seu labor de orientación e titorización do alumnado.

Calendario

Calendario: 23 e 24 de novembro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

  1. Coaching... que? Introdución ao coaching educativo.
  2. Que teño eu que pode axudarme no meu traballo? Valores e crenzas que potencian a aprendizaxe.
  3. Que necesito para converterme en parte da solución? Habilidades dun profesor/a-coach.
  4. E como o fago? Metodoloxía do coaching: motivación e acción.
  5. Acompañando e asesorando. Modelos de aplicación do coaching á titorización universitaria.

Impartido en

Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Roberto Baelo Álvarez

Doutor en Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de León.  Coordinador e profesor do título de Experto Universitario en Coaching Educativo da Universidade Isabel I de Castilla.

Director e formador en diferentes cursos relacionados coa aplicación do coaching ao ámbito educativo.

 

Ángela Arias Valcarce

Master en Coaching, Inteligencia Emocional y PNL educativo en la Universidade Camilo José Cela. Directora do centro pedagóxico Wecoach Madrid y Coach Profesional (máis de 300 horas de coaching persoal e educativo acreditadas).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos