CANCELADA - GRÁFICOS E DESEÑO 3D CON SOLIDWORKS
Información do curso
CANCELADA - GRÁFICOS E DESEÑO 3D CON SOLIDWORKS
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C1071701 | ||||
Nome | CANCELADA - GRÁFICOS E DESEÑO 3D CON SOLIDWORKS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 30 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | +34 677 689 233 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 10/01/2018 00:00 - 29/05/2018 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 30/05/2018 - 08/06/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 25 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 3 |
Destinatarios/as
Alumnos e profesores de ciencias e tecnoloxías. Profesores de ensinanzas medias con coñecementos de CAD. Profesionais do deseño 3D.
Condicións de acceso
1. Membros da comunidade universitaria
2. Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato
Criterios de selección
Acreditar que se cumpre algunha das condicións de acceso establecidas.
Calendario
• Clase 1, Mércores 30-05-18 de 16 a 21 horas
Teoría (2h): Panorámica do software. Entorno de traballo, barras de ferramentas, menús principais e administrador de comandos. Inicio e persoalización da sesión de traballo. O xestor de tarefas (Feature Manager). Configuracións e edicións básicas. Tipos de documentos (peza, ensamblaxe e plano). Formatos de arquivos xestionados. Intercambio de información.
Práctica 1 (3h): Configuración e persoalización dunha sesión de traballo. Edición dun primeiro documento de sólido mediante o emprego dos menús, das barras de ferramentas e do administrador de comandos.
• Clase 2, Xoves 31-05-18 de 16 a 21 horas
Teoría (3h): A creación de sólidos. O emprego de perfís bidimensionais ou croquis como base da xeración dun sólido. Creación e modificación do croquis. A elección do plano de debuxo. Comandos para a edición do croquis (puntos, liñas, polígonos, splines, transformacións xeométricas, matrices, texto, ...). Croquis 3D. Dimensionamento dinámico. Comandos para a edición de sólidos e diversas operacións. Interactividade cos sólidos (Instant 3D). Asignación de cores, texturas, coeficientes de transparencia, etc.
Práctica 2 (2h): Comezarase a elaboración de distintos modelos de sólidos, en cada caso, croquizando o perfil no plano axeitado en función das operación de xeración de sólidos a empregar. Edición e modificación de croquis e operacións. Comandos mais utilizados.
• Clase 3, Venres 01-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (2h): A creación de ensamblaxes. Relacións e restricións xeométricas básicas e avanzadas (mecanismos e partes móbiles). Distintos tipos de restricións e o seu emprego en función da ensamblaxe. Explosionados e animacións.
Práctica 3 (3h): Ensamblado dun conxunto a partir dos seus compoñentes. Establecemento de restricións. Visualización dos diferentes resultados segundo o tipo de restricións xeométricas empregadas na ensamblaxe. Emprego das bibliotecas de pezas normalizadas. Explosionados e estudo de movemento (animaciones). Introdución ao SolidWorks Motion.
• Clase 4, Mércores 06-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (3h): A elaboración de superficies tridimensionais. O emprego de croquis como base de edición de superficies. Directrices, xeneratrices e liñas de apoio (distintos modos de obtención de liñas 3D). Comandos de xeración e edición de superficies. Operacións con superficies. Conversión a sólidos.
Práctica 4 (2h): Elaboración de distintos tipos de superficies: regradas (desenvolvibles e alabeadas) e non regradas (xeneratriz e directriz). Modificación e control das mesmas.
• Clase 5, Xoves 07-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (2h): A elaboración de planos. Xeración de vistas normalizadas a partir dos modelos tridimensionais (sólidos, superficies e ensamblaxes). Plantillas e formatos. Formatos normalizados. Listas de pezas. Emprego de ferramentas de inserción de cotas, cortes e vistas auxiliares. Raiados e tipos de liña. Impresión.
Práctica 5 (3h): Elaboración do plano de definición do obxecto a partir do modelo 3D. Selección das vistas normalizadas, cortes apropiados, vistas auxiliares e vistas personalizadas necesarias. Escalas. Corrección das vistas automáticas. Colocación e distribución das cotas, anotacións e símbolos necesarios.
• Clase 6, Venres 08-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (1h): Resumo xeral do visto nas sesións anteriores. Aspectos complementarios e outros comandos de interese. Outros complementos e posibilidades do programa
Práctica 6 (4h): Desenvolvemento dun traballo consistente no ensamblado dun conxunto a partir dos seus compoñentes e animación das partes móbiles. Atención de dúbidas de carácter xeral e particular.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Vista xeral da aplicación
Sólidos
Ensamblaxes
Superficies
Planos
Resumo xeral e aspectos complementarios
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Achegamento ó entorno e funcións principais
Creación e edición de sólidos
Creación e edición de ensamblaxes
Creación e edición de superficies
Creación e edición de planos
Resumo xeral: Creación e edición dun conxunto
Modo de pagamento
Importe da matrícula 113 €.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando nome, DNI e código do curso ou a través da pasarela de pago en liña (pagamento con tarxeta)
En calquera caso, prégase que unha vez completado o pago achéguense vía email os xustificantes pertinentes.
Sistema de avaliación
Asistencia polo menos ó 75% das clases presenciais.
Realización con aproveitamento dos exercicios de clase.