Conceptos, lexislación e políticas de igualdade na Universidade de Vigo (Campus de Vigo)

Información do curso

Conceptos, lexislación e políticas de igualdade na Universidade de Vigo (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPIG17VI
Nome Conceptos, lexislación e políticas de igualdade na Universidade de Vigo (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

A formación en igualdade abrangue entre os seus obxectivos facer visibles os impedimentos que aínda persisten para acadar un verdadeiro equilibrio entre mulleres e homes, o que no contexto máis inmediato do eido da xestión e formación universitaria, serviría para atopar fórmulas e modelos de convivencia para facer real e efectiva esa igualdade, nunha perspectiva transversal aliñada cara unha práctica profesional de calidade.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Conceptos, lexislación e políticas de igualdade na Universidade de Vigo insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Esta actividade está coorganizada coa Unidade de Igualdade e polo Servizo de PAS.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/09/2017 12:00 - 30/10/2017 23:59
Período de docencia 06/11/2017 - 22/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 10

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Dominar os principais termos do ámbito da igualdade de xénero.
  • Analizar a situación da igualdade na Universidade de Vigo.
  • Estudar a principal normativa e políticas de igualdade.
  • Comprender os plans de igualdade da UVigo.
  • Saber aplicar os recursos que a Universidade de Vigo ofrece para fomentar a igualdade de xénero na súa organización.
  • Achegarse aos órganos e servizos en prol da igualdade da Universidade de Vigo.
  • Incorporar a igualdade na práctica profesional.
  • Fomentar a cultura da igualdade na Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Ofertaranse 10 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Parte presencial:
6, 7, 8, 20 e 21 de novembro de 13.00 a 14.30 e o 22 de novembro de 12.00 a 14.30. 

Parte virtual:
Do 9 ao 17 de novembro.

Programa

  1. Conceptos básicos de igualdade de xénero e políticas de igualdade.
  2. Lexislación en materia de igualdade: europea, estatal e autonómica.
  3. A igualdade na Universidade de Vigo. Contexto e ferramentas.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala II  do edificio Miralles.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas que asistan polo menos ao 80% da parte presencial  e superen a parte virtual.

Profesorado

M.ª del Mar Fernández Cendón

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e Mestrado Universitario en Estudos de Xénero.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos