Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (Modalidade virtual)
Información do curso
Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPSCR17VIR | ||||
Nome | Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O profesorado a miúdo tense que enfrontar a situacións onde precisa un nivel de deseño e maquetación máis avanzado. Por exemplo, para elaborar materiais didácticos, libros, publicacións ou posters para enviar a congresos... O programa Scribus é a solución en software libre que aporta gran flexibilidade no deseño. Nesta actividade formativa atoparás materiais, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso de Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. A devandita actividade formativa está coorganizada pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Páxina web do curso
http://vicprof.uvigo.es/vicprof_gl/formacion/formacion/programa/programacion/Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 12/07/2017 12:00 - 18/09/2017 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 25/09/2017 - 09/10/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 10 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Obxectivos
-Dar a coñecer as prestacións do software Scribus para a autoedición e maquetación
-Enumerar distintos tipos de software DTP (Publicación de escritorio e autoedición)
-Manexar a contorna do Scribus
-Aplicar coñecementos de maquetación avanzada
-Exportar traballos en distintos formatos
Criterios de selección
Ofertaranse 10 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.
Calendario
Do 25 de setembro ao 9 de outubro.
Programa
1. Introdución a curso
- Software Libre e software non libre
- Cultura Libre e Creative Commons
- Obter recursos libres
- Formatos estándares
- Software DTP
Software comercial privativo vs Scribus
Obtención e descarga
2. Introdución a Scribus (4 horas)
- Espazo de traballo
- Configurar un novo documento
- Ferramentas de texto
- Inserción básica de imaxes
- Inserción de texto doutros documentos
- Estilos de parágrafos
- Xestión de ficheiros e do proxectos
- Inserción de novas páxinas
- Configuración básica da contorna
- Menús contextuais
- Panel de propiedadesd
X,Y,Z
Forma
Texto
Imaxe
Liñas
Cores
- Control do fluxo de textos
- Historial de accións
- Traballo con capas
- Formas xeométricas
3. Maquetación avanzada (14 horas)
- Esquema
- Aliñar e distribuír
- Ordenado de páxinas
- Medidas
- Álbum de recortes
- Formas complexas
Traballo con polígonos
Conversión a cadros de texto
- Guías e táboas de maquetación
- Editor interno e estilos
- Modelos de traballo
- Xestión da cor
Degradados
Novas cores
Cores de/para imprenta
Importar cores e paletas de cores
- Creación de índices
- Configuración avanzada
- Formularios
4. Finalización e entrega (1 hora)
- Recolección para a saída
- Exportación a PDF
- Exportación a formatos de imaxe
- Exportación a outros formatos
- Opcións avanzadas de impresión
Observacións
ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE
A realización desta actividade formativa será acreditada pola Oficina de Software Libre e a Universidade de Vigo a todas as persoas que aproben as diferentes actividades de avaliación:
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta.
-Participación (10 horas de conexión como mínimo) .
-Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, ...
-Posibilidade dunha proba final.
Profesorado
Óscar Fernández Carballo
Roberto Martín Souto (titor)