INCLUSIÓN EDUCATIVA DA DISCAPACIDADE AUDITIVA: PRÁCTICA DA LINGUA DE SIGNOS
Información do curso
INCLUSIÓN EDUCATIVA DA DISCAPACIDADE AUDITIVA: PRÁCTICA DA LINGUA DE SIGNOS
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CX041703 | ||||
Nome | INCLUSIÓN EDUCATIVA DA DISCAPACIDADE AUDITIVA: PRÁCTICA DA LINGUA DE SIGNOS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 988387428 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigacion
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 19/06/2017 00:00 - 04/10/2017 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 19/06/2017 00:00 - 04/10/2017 23:59 |
Período de docencia | 05/10/2017 - 26/10/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 49 |
---|---|
Número máximo de participantes | 100 |
Créditos teóricos | 0.5 |
Créditos prácticos | 2.5 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
Titulados universitarios do eido da educación, estudantes de graos e posgraos en Educación e en xeral, todos aqueles profesionais interesados por adquirir unha formación básica na comunicación coa comunidade con discapacidade auditiva.
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
Orde de matrícula.
Calendario
Do xoves 5 de outubro ao xoves 26 de outubro (ambos inclusive); de 19:00 a 21:30, excepto o xoves 12 de outubro (festivo) e os venres 6, 13 e 20 que non haberá clases.
Campus de Ourense - Fac. Cc da Educación
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
A inclusión educativa dos alumnos e alumnas con discapacidade auditiva
Discapacidade auditiva: a discapacidade invisible
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Iniciación á Lingua de Signos: saúdos e frases feitas
Como nos presentamos?
Que día é?
Descrición de persoas
A familia
Onde vivimos?
Profesións e traballos
Alimentos e menús
O noso entorno: a natureza
Es quen de comunicarte?
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 23,75€. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.
Sistema de avaliación
Participación e aproveitamento nas sesións establecidas.