Especialista en dobraxe (IV edición)
Información do curso
Especialista en dobraxe (IV edición)
Tipo | Especialista | ||||
Código | E3011701 | ||||
Nome | Especialista en dobraxe (IV edición) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 200 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812066 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Filoloxía e TraduciónPáxina web do curso
http://webs.uvigo.es/dobraxeInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 01/09/2017 00:00 - 28/09/2017 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/09/2017 00:00 - 28/09/2017 23:59 |
Período de docencia | 02/10/2017 - 11/05/2018 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Créditos teóricos | 5 |
Créditos prácticos | 15 |
Validación de libre elección | 10 |
Destinatarios/as
- Alumnado licenciado ou graduado no sistema universitario estatal.
- Alumnado de 4º ano de grao do sistema universitario estatal.
- Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
Obxectivos
Os obxectivos do curso son:
- Adquisión dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de actor/actriz de dobraxe.
- Adquisión dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de tradutor/a audiovisual.
- Adquisión dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de axustador/a.
Condicións de acceso
Poderán matricularse e realizar o presente Curso de Especialista :
a) Modalidade de MATRÍCULA ORDINARIA (20 prazas): Poderá matricularse aquel alumnado que cumpra os requisitos fixados no Regulamento de Títulos de Posgrao e Outros Cursos da Universidade de Vigo
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
b) Modalidade de MATRÍCULA DE TAXAS REDUCIDAS (Resérvanse 5 prazas):
- Poderá acollerse a esta modalidade aquel alumnado que curse (ou teña cursado) o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Seleccionarase ao alumnado a partir da data de preisncrición. Ao alumnado preinscrito e seleccionado comunicaráselle o prazo para formalizar a matrícula e achegar ao coordinador do curso a seguinte documentación:
- Xustificante de pagamento.
- Currículo (académico, investigador e profesional) así como unha copia do expediente académico.
Unha vez formalizada a matrícula informarase ao alumnado ao que lle foi concedida a bolsa, en función currículo (académico, investigador e profesional) achegado.
Se non se cubren todas as prazas abrirase un segundo prazo de preinscrición e matrícula a comezos de setembro.
Calendario
O curso desenvolverase na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo ao longo do curso académico, co seguinte horario:
Mércores: 16-20h.
Xoves: 16-20h.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:MÓDULO B: FONOLOXÍA/FONÉTICA
1. Fonoloxía
1.1. Introdución: conceptos básicos
1.2. A fonoloxía segmental: vogais e consoantes
1.3. A fonoloxía suprasegmental (I): ritmo
1.4. A fonoloxía suprasegmental (II): entoación
1.5. Fonoloxía comparada
2. Fonética
2.1. Introdución á produción da fala
2.2. Vogais e consoantes
2.3. Fenómenos característicos na produción da fala
2.4. Aproximación á transcrición fonética
2.5. Ritmo e entoación: prácticas
MÓDULO C: AXUSTE
1. O proceso de axuste
1.1. Especificidades da produción
1.2. Ritmo da VO
2. O proceso de adaptación
2.1. Especificidades da dobraxe
3. Adaptación vs. axuste
MÓDULOS PRÁCTICOS:
MÓDULO D: DOBRAXE
1. Historia da dobraxe
2. A sincronía na dobraxe
2.1. Sincronía fonética
2.2. Sincronía cinética
2.3. Isocronía
3. A proxección da voz
3.1. Estratexias de dobraxe e locución
3.2. Estratexias de interpretación
4. A dirección de dobraxe
MÓDULO A: TRADUCIÓN PARA A DOBRAXE
1. Definición
2. Fases da tradución para a dobraxe
2.1. Adquisición do texto
2.2. Estudio de dobraxe
2.3. Encomenda
2.4. Axuste ou adaptación
2.5. Dramatización
3. Convencións da dobraxe
3.1. Unidades
3.2. Símbolos
3.3. Técnica
4. Problemas de tradución
5. Estratexias de resolución de problemas
Modo de pagamento
Matrícula estudantes Mestrado Trad. Com. Internacional : 600Matrícula estudantes : 1200
Bolsas : 300
Sistema de avaliación
- Dúas probas parciais.
- Proba final de dobraxe.
*Asistencia obrigatoria ao 80% das clases.