CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | FX061701 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 30 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986.812517 // 986.812490 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA APLICADA
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 16/05/2017 09:32 - 01/06/2017 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 16/05/2017 09:33 - 01/06/2017 23:59 |
Período de docencia | 01/06/2017 - 08/06/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 25 |
---|---|
Número máximo de participantes | 70 |
Créditos teóricos | 1.6 |
Créditos prácticos | 1.4 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
- Alumn@s da Universidade de Vigo dos Graos en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Comercio, Simultaneidade ADE-Dereito, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos.
- Titulados Universitarios de Diplomatura, Licenciatura ou Grao en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos
- Profesionais relacionados coa xestión da empresa
Condicións de acceso
1. Alumn@s da Universidade de Vigo
2. Titulados/as Universitarios/as
3. profesionais directamente relacionados coa xestión da empresa, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios, e
4. de xeito excepcional, e sempre que non superen o 25% do total da matrícula, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa xestión da empresa que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.
Criterios de selección
A orde de prioridade para o acceso ó Curso será:
1º. Alumn@s actuais ou xa egresad@s de Titulacións de Empresa, Economía ou Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo. Na orde de selección priorizaránse aqueles/as alumn@s con coñecementos previos de fiscalidade, comezando pol@s matriculad@s nos últimos cursos da titulación.
2º. Orde de preinscripción
Calendario
- Xoves 01 de xuño de 16 a 21h
- Venres 02 de xuño de 16 a 21h
- Luns 05 de xuño de 16 a 21h
- Martes 06 de xuño de 16 a 21h
- Mércores 07 de xuño de 16 a 21h
- Xoves 08 de xuño de 16 a 21h
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Introducción ó Imposto sobre o Valor Engadido: Natureza e ámbito de aplicación
Introducción ás caracterísiticas básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.
Operacións Interiores: Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción do Imposto. Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens e as prestacións de servizos por empresas ou profesionais.
Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional: Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións.
Desenrolo do tratamento no IVE doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as operacións fora do territorio español. As adquisicións intracomunitarias, as importacións e as exportacións.
Análise en cada caso do Feito Impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Base Impoñible e Tipos Impositivos
Cuantificación do Feito Impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servizos (contraprestacións en especie, autoconsumo, etc...).
Análise dos tipos impositivos segundo operacións.
Deduccións e Devolucións
Análise da neutralidade na aplicación do IVE.
Determinación da Prorrata e as súas modalidades.
Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións.
Condicións para a Devolución do IVE.
Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia
Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime.
Simplificación na xestión do Imposto.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Operacións Interiores: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Tráfico Internacional: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Base Impoñible e Tipos Impositivos: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia: estudo de casos
Discusión e resolución de casos prácticos de actividades acollidas ós Rexímenes Espciais.
Modo de pagamento
TAXAS DE MATRÍCULA
- Matrícula ordinaria: 90 €
- Matrícula alumnado UVIGO: 80 €.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome e o Código do curso (FX061701), así como o nome e apelidos do alumno/a.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es
Sistema de avaliación
Asistencia e resolución comentada de casos prácticos.