Alarma e evacuación (Pontevedra)
Información do curso
Alarma e evacuación (Pontevedra)
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLSPO1700401 | ||||
Nome | Alarma e evacuación (Pontevedra) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de alarma e evacuación nos planes de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 814088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Seganosa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 22/03/2017 09:00 - 19/04/2017 08:30 |
---|---|
Período de docencia | 24/04/2017 - 24/04/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Todo o PAS e PDI da Universidade de Vigo, en particular, ten especial interese para os equipos de emerxencia:
- Equipos de alarma e evacuación.
- Directores da emerxencia.
- Xefes de intervención.
- Traballadores en xeral implicados no plan de emerxencia.
Obxectivos
- Coñecer as pautas de evacuación para poder desaloxar un centro de forma segura, así como manexar os extintores de po e CO2 de maneira correcta.
- Realizar unha evacuación dun centro de forma organizada, ordenada e sen causar danos maiores.
- Concienciarse dos riscos que expón tanto un pequeno incendio como unha evacuación nun centro universitario.
Calendario
Data: 24 de abril de 2017
Horario: 09:30 h. a 13:30 h.
Programa
CONTIDO TEÓRICO - PRÁCTICO
1. Instalacións e medios de protección contra incendios: detección, alarma e extinción.
2. Autocontrol emocional en urxencias e catástrofes. Xestión de conflitos.
3. Percorridos e/ou rutas de evacuación.
4. Comportamento en situacións de emerxencia.
5. Pautas de actuación:
Normas fundamentais de evacuación.
Elementos de protección activa e pasiva.
Sectorización. Auto socorro e evacuación de compañeiros.
Zona segura: reunión e recontos.
6. Plan de Urxencia (organización e operatividade). Aspectos concretos na organización:
Funcións dos equipos de evacuación e alarma.
Funcións dos equipos de intervención.
7. Exercicio práctico de manexo de extintores de po e de CO2: extinción de focos illados. Manexo, características e propiedades dos extintores de po e de CO2.
Organización e realización dun exercicio de evacuación nun ou varios escenarios.
Evacuación total do aula onde se imparte a formación con visión anulada.
Reingreso ao aula con visión anulada co obxectivo de rescatar a unha vítima e levala ao momento de encontro.
Evacuación parcial dun sector da universidade se é posible.
Impartido en
A parte teórica realizarase no laboratorio de Hidráulica e, a parte práctica, no taller de Xiloxeneradas da Escola de Enxeñaría Forestal (campus A Xunqueira, Pontevedra)
Profesorado
Persoal especializado de Seganosa.