DESEÑO DUN E-PORTFOLIO
Información do curso
DESEÑO DUN E-PORTFOLIO
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CPF0067 | ||||
Nome | DESEÑO DUN E-PORTFOLIO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Os portfolios constitúen ferramentas específicas para expresar de maneira efectiva a aprendizaxe e/ou experiencia profesional dunha persoa, grupo ou institución. Un portfolio é un instrumento que ten como obxectivo a selección de mostras do mellor traballo ou evidencias de consecución de obxectivos profesionais ou persoais que, ordenados e presentados dun xeito determinado, cumpren a función de potenciar a reflexión sobre cada unha das prácticas (educativas, profesionais ou civís). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986802080 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
A finalidade deste curso é facilitar a adquisición das destrezas tecnolóxicas e metodolóxicas para a elaboraciíon e utilización dun E-portfolio como expresión da súa experiencia académica e/ou profesional.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma Bubela no prazo comprendido entre o 4 e o 17 de abril de 2017.
Criterios de selección
Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non se poderán volver a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata transcorridos dous anos dende a data de comezo do último curso matriculado.
Calendario
18, 20, 25 e 27 de abril , 2 e 4 de maio de 2017, de 17:00 a 19:00 h na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra
Programa
Qué é un E-portfolio. Tipos e características.
Os portfolios no proceso de Ensinanza e Aprendizaxe.
Os portfolios profesionais.
Deseño dun ecosistema de E-portfolio/Contorno Persoal de Aprendizaxe para a avaliación e desenvolvemento de competencias profesionais e de aprendizaxe.
A metoloxía será activa e colaborativa, baseada na construción dun Contorno Persoal e Social de Aprendizaxe.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra.
Profesorado
Vicente Novegil.