INTRODUCIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO CON ADOBE PHOTOSHOP
Información do curso
INTRODUCIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO CON ADOBE PHOTOSHOP
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0066 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO CON ADOBE PHOTOSHOP |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | A fotografía dixital estableceuse definitivamente no ámbito doméstico, o que permite que os consumidores poidan finalmente manexar, editar, retocar e sacarlle partido a todo o seu potencial. Nembargantes, a complexidade das aplicacións de edición e retoque dixital fotográfico impide que moitas persoas usuarias poidan facelo. Neste curso impartiranse as nocións básicas de fotografía dixital e capacitará ao alumnado o poder optimizar as súas habilidades, para o que se empregará a aplicación Adobe Photoshop, como estándar profesional no retoque fotográfico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986802080 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Achegar ao alumnado coñecementos básicos de imaxe dixital.
Que o alumnado sexa capaz de realizar manipulacións básicas de edición e retoque dixital.
Que o alumnado sexa capaz de manipular e xestionar de forma eficiente o seu banco de imaxes persoais.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma Bubela no prazo comprendido entre o 23 e o 30 de marzo de 2017.
Criterios de selección
Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non poderán volverse a matricular nos curso da Aula Tecnolóxica ata que transcorran dous anos dende a data de comezo do último curso no que se matriculou.
Calendario
31 de marzo, 7, 21 e 28 de abril de 16:00 a 19:00 h, na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra
Programa
Conceptos básicos de imaxe dixital: tamaño, resolución e espazo de cor.
Formatos de arquivo.
Interfaz e ferramentas.
Seleccións.
Máscaras.
Capas.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra
Observacións
Non se requiren coñecementos previos.
Profesorado
Alberto García Ariza. Licenciado en Belas Artes. Doutor en Deseño. Ilustrador e deseñador profesional.