EDICIÓN DE VIDEO CON SOFTWARE GRATUÍTO: BLACKMAGIC DAVINCI RESOLVE
Información do curso
EDICIÓN DE VIDEO CON SOFTWARE GRATUÍTO: BLACKMAGIC DAVINCI RESOLVE
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0065 | ||||
Nome | EDICIÓN DE VIDEO CON SOFTWARE GRATUÍTO: BLACKMAGIC DAVINCI RESOLVE |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Curso de iniciación á edición de vídeo con software gratuíto. Utilizarase o programa DaVinci Resolve, de Blackmagic Design, por ser multiplataforma (Windows, Mac, Linux...), e por dispor dunha versión gratuíta totalmente funcional. Con esta ferramenta trataremos os fundamentos básicos da edición de video, dende o punto de vista técnico e dende o artístico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986802080 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Achega ao manexo básico da edición e corrección de cor con Blackmagic Design DaVinci Resolve.
Coñecer as funcións de importación, clasificación, organización, vinculación do son e vídeo.
Aplicación práctica da metodoloxía básica de edición de vídeo. Ferramentas dispoñibles no software.
Comprender as funcións e formatos de exportación para as diferentes plataformas audiovisuais e outros programas e equipos de edición de vídeo e son.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma Bubela, no prazo comprendido entre o 17 e o 24 de marzo de 2017.
Criterios de selección
Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non se poderán volver a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata transcorridos dous anos a partir da data de comezo do último curso matriculado.
Calendario
27, 29 de marzo; 3 e 5 de abril de 2017 en horario de 16:00 a 19:00 h na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra.
Programa
1.- A interface de Black Magic DaVinci Resolve.
2.- A xestión da media. Organización e creación de proxectos.
3.- A edición: ferramentas, efectos, transicións, títulos, etc.
4.- A corrección de cor: ferramentas e posibilidades. Luts e filtros.
5.- A exportación: formatos e características.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra
Profesorado
Alfonso Merino.
Sistema de avaliación
O docente achegará material de vídeo e audio para utlizar durante as clases, que serán prácticas na súa gran maioría. O alumnado poderá tamén achegar os seus propios vídeos se así o desexa. Pódese descargar o software que utilizaremos de maneira gratuíta na seguinte ligazón:
https://www.blackmagicdesign.com/es/products/davinciresolve