DESEÑO E RETOQUE DE IMAXE CON SOFTWARE IBRE

Información do curso

DESEÑO E RETOQUE DE IMAXE CON SOFTWARE IBRE


Tipo Curso de Formación
Código CFP0064
Nome DESEÑO E RETOQUE DE IMAXE CON SOFTWARE IBRE
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. 

Obxectivos

Aproximación ás ferramentas en software libre orientadas ao deseño gráfico. Adaptación de conceptos previos de software propietario ou inicio. Comparación e adaptabilidade a outros paquetes de software baseado na redundancia dos interfaces e analoxía dos sistemas. Comprensión de conceptos propios de CGI e CAD (Computer Generated Image e Computer Aided Design). Uso de ferramentas comúns e combinacións das mesmas. Destacar a relevancia de ferramentas informáticas potenciadoras da eficiencia. Resolución de 4 casos comúns (corrección e integración fotográfica, trazado por bezier e booleano de logotipo), exportables a outros contidos. 

Aínda que se utlizarán conceptos artísticos de Deseño, a orientación do curso é técnica, dirixido ao uso de ferramentas informáticas. 

Condicións de acceso

Preinscrición a través da plataforma Bubela no prazo comprendido entre o 27 de febreiro ao 6 de marzo de 2017. 

Criterios de selección

Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo, non se poderán volver a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata transcorridos dous anos da data de comezo do último curso no que se matriculou. 

Calendario

7, 9, 14 e 16 de marzo, en horario de 16:00 a 19:00 h. Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra

Programa

RETOQUE FOTOGRÁFICO CON "THE GIMP"

Conceptos: contorno do programa. Capas e canais. Corrección de color e ferramentas de transformación. Retoque. Máscaras e seleccións. Exportación de contidos. 

Aplicación: axuste e retoque en fotografía dixital. Integración do elemento fotográfico. 

DESEÑO VECTORIAL CON "INKSCAPE"

Conceptos: contorno do programa. Trazos, polígonos e obxectos. Ferramentas de control de curva. Construción booleana. Vectorización. Integración con ferramentas de retoque. 

Exportación de contidos. 

Aplicación: reprodución de logotipo mediante trazo bezier. Reprodución de logotipo mediante obxectos e booleanas. 

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta. 

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra

Observacións

-Clases maxistrais de operación técnica seguidas polo alumnado, con material gráfico de referencia común, seguida de práctica persoal, con asistencia docente, utilizando as ferramentas previas. Resolucións de dúbidas durante o proceso. 

Profesorado

Luis Fernández. 

Sistema de avaliación

Resultados obtidos na consecución das prácticas, atendendo a:

-Elección e combinación de ferramentas idóneas. 

-Complicación do exercicio elixido. 

-Adecuación técnica do resultado. 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos