ETHICS AND TECHNOLOGY
Información do curso
ETHICS AND TECHNOLOGY
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C3051701 | ||||
Nome | ETHICS AND TECHNOLOGY |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 811966 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 01/09/2017 00:00 - 25/09/2017 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/10/2017 00:00 - 20/10/2017 23:59 |
Período de docencia | 27/10/2017 - 15/12/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 0.75 |
Créditos prácticos | 1.05 |
Validación de libre elección | 0 |
Destinatarios/as
Estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Emprendedores e traballadores de empresas asociadas a INEO
Público en xeral
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
3.con coñecemos de inglés a nivel conversación
Criterios de selección
Orde de inscripción.
Garantindo un mínimo de 8 estudantes e 8 persoas ligadas a INEO. En caso de ter menos solicitudes nalgún destes grupos, o cupo sobrante engadiríase ao común
Calendario
Os seguintes venres lectivos, entre o 27 de outubro e o 15 de decembro, ás 15:30
27 de outubro
3, 10, 17 e 24 de novembro
1 e 15 de decembro
Tódalas sesións terán una duración de aproximadamente 2.5 horas, agás a primeira, de 3 horas.
En cada sesión visualizarase un capítulo da serie "Black Mirror" en versión orixinal, facendo os cortes adecuados para o comentario do mesmo, e debatirase sobre os aspectos éticos da "hipertecnoloxización" amosada no mesmo. Haberá sempre dous docentes, un ocupándose da condución do debate e outro, nativo, de proporcionar suxerencias ou axudas para un mellor desenvolvemento da actividade en inglés.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Visualización da serie "Black Mirror"
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Debate sobre a ética das novas tecnoloxías
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 50 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 50 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso: C3051701.
Sistema de avaliación
Esixirase a asistencia e a participación nos debates que se orixinen en cada unha das sesións