CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
Entidades organizadoras
Facultade de Ciencias da Educación
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 25 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos teóricos | 4 |
Créditos prácticos | 2 |
Validación de libre elección | 6 |
Destinatarios/as
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Condicións de acceso
Comprensión oral e escrita da lingua galega
Criterios de selección
Se fose necesario, por superar os solicitantes o número de prazas:
1. Alumnos de primeiro e segundo ciclo dos graos da Universidade de Vigo, segundo o nivel de dominio da lingua galega oral e escrita.
2. Persoas alleas á Universidade.
Calendario
* A primeira parte (Didáctica da Ficción, a cargo de Ramón Gutiérrez Izquierdo) terá lugar entre o 17 de outubro e o 21 de novembro:
- luns, martes e mércores (de 18´30 a 20´30 h). A asistencia é obrigatoria.
* A segunda parte (Creación literaria, a cargo do escritor Xosé Carlos Caneiro) desenvolverase entre o 22 de novembro e o 21 de decembro:
- martes e mércores (de 18 a 21 h.). A asistencia é obrigatoria.
- luns 19 de decembro ( de 18 a 21 h). A asistencia é obrigatoria.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
1. A literatura e a ensinanza da literatura
As formas naturais de literatura.
Recursos e expresividade.
Formas de abordar o ensino da literatura
2. Didáctica da narración e Creatividade
As ferramentas do escritor.
Como elixir as palabras.
A procura do estilo e da naturalidade
Como lograr a visibilidade no relato
Perfilar o punto de vista apropiado
En que consiste a composición
Formas de construir a escena
O tratamento do diálogo
A singularidade do conto ou relato breve
3. Épocas, temas, motivos e estilos narrativos
O mundo medieval e o mito.
O conto no nacemento da modernidade.
Tratamento dos tipos e costumes no conto literario.
Narración e ideoloxía.
A visión da historia no espello do relato.
A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
O engado do misterio como motivo literario.
O interese do conto realista como forma de autocoñecemento.
Parodia, ironía e intertextualidade.
A inversión dos valores épicos no relato contemporáneo.
A aparición do elemento fantástico ou marabilloso na narrativa.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Prácticas de Creación literaria. Propostas da escrita.
O retrato.
A descrición.
O diálogo
A transformación.
A ligazón de recordos
A experiencia
O relato a partir de palabras clave
Creación de conflitos e construción de personaxes.
O escritor como receptor e emisor. Análises.
- O relato marabilloso.
- O relato fantástico e o relato realista.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 40 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es
Sistema de avaliación
Asistencia inexcusable e Presentación dun texto narrativo breve ao final do Curso.