CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL


Tipo Curso de Formación
Código F2011603
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 180
Descrición

Ensino das habilidades e control da técnica de modelaxe, transformación e reconstrución sobre maniquí, estático ou en movemento, adaptando o modelo ós patróns e á inversa.

Adquisición do dominio e control dos recursos estéticos e creativos no desenvolvemento de prendas que conformen unha serie de estilismos propios de unha colección de moda.

Ensino das estruturas fundamentais que constitúen os tecidos de punto e que permitanao alumno deseñar e producir os seus propios proxectos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986801833
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

MODELISMO E PROTOTIPOS (Moulage)
Concepción e creación de modelos, ideación e bocetos. realización de debuxos, patróns e memoria de materiais e de presentación e niveis de acabado. modelismo

Obxectivos- Adquirir un coñecmento básico sobre as diferentes técnicas e procedementos involucrados no desenvolvemento dun concepto de colección global. Introducirse en competencias en prototipado. O modelismo en si mesmo supón a adquisición das técnicas de construción destinadas á elaboración de prototipos e modelos. Familiarizarse con universos construtivos vencellados a diversas familias de pezas iinvolucradas no ámbito das coleccións de moda. Adquirir o léxico dos diferentes contextos produtivos dos seminarios.

Metodoloxía- Imos desenvolver unha metodoloxía baseada en seminarios curtos e concentrados na adquisición e coñecementos de carácter práctico para o desenvolvemento de prototipos. A metodoloxía é fundamentalmente práctica e de taller. De forma específica en cada taller concentraranse na revisión dunha técnica diferente.

 

PROXECTOS DE DESEÑO TEXTIL E MODA


Esta disciplina céntrase no pensamento proxectual do deseño de indumentaria, no que se produce a síntese entre o técnico, o funcional e expresivo. O alumno, mediante os elementos que ten o seu alcance para expresaar unha idea, experimentará para entender as posibilidades de comunicación e comercialidad que ten o deseño como disciplina proxectual. A través dun proceso de investigación, análise e desenvolvemento do traballo de camo, a materia propón aos alumnos traballas en equios de creación por unha banda sobre o proceso estándar de deseño e por outra a que fai baixo un único concepto comercial de marca.

Obxectivo- O principal obxectivo focalizarase no estudo e execución da colección e o concepto de marca. O estudante aprenderá a reforzar a idea do deseño para o tratamiento de series de media complezidade, contemplando as relacions entre deseño/producto e deseñi/usuario. Procúrase que entenda as necesidades técnicas e morfolóxicas do deseño para o traspaso da bidimensión á tridimensión e que o estudante comprenda a complexidade que plantexa o desenvolvemento dunha colección inserida nunha proposta corporativa. Preténdese que aplique  o proceso de deseño desde a fase previa do anteproxecto pasando polas características constructivas de cada peza na que traballa ata a imaxe corporativa e o branding da proposta.

 

XÉNEROS DE PUNTO


A materia de xéneros de punto achega os coñecementos teóricos e práctivos das estrutudas fundamentaais que constitúen os tecidos de punto e que permitan ao alumno deseñar e producir os seus propios proxectos.

Obxectivos- Aportar ao alumno coñecementos das posibilidades de deseño e producción dos xéneros de punto. Intriducir ao alumno nos tipos de máquinas, materias e procesos, de maneira que adquira nocións sobre as diferentes posibilidades de tecidos e formas. Trasladar ao alumno entusiasmo e interese polo xénero de punto, posibilidades de estruturas, formas, etc. Dotar ao alumno dunha visión práctica do proceso a seguir na realización dunha prenda. Motivar a creatividade de novos tecidos e estruturas, combinando fíos e posibilidades.

Entidades organizadoras

ESDEMGA: Facultade de Belas Artes. Lola Dopico

direcesdemga@uvigo.es

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/09/2016 00:00 - 25/09/2016 23:59

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 15
Créditos prácticos 18
Validación de libre elección 12

Destinatarios/as

Interesados en desenvolver a súa actividade profesional na industria téxtil e de moda.

Obxectivos

  • Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
  • Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
  • Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
  • Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.

Condicións de acceso

1.Titulados/as universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo.

2.Alumnos/as da universidade,

3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Nota media de expediente académico de acceso.

Calendario

Presentación:  3 de Outubro   as 18:00 de 2016 Espacio 25 Facultade de Belas Artes

Incicio das clases día 3 de outubro de 2016

Remate das claes 16 de abril de 2017

 


HORARIOS

1ºSEMESTRE- Modelismo e prototipos(moulage): Venres 15.30hs-21.30hs Taller textil II.

                     Proxecto de deseños téxtil e moda: Mércores 16.30hs-17.30hs

                                                                         Xoves 18.30hs-21.30hs

                                                                         Taller textil II.

                     Xéneros de punto: Luns 15.30hs-18.30hs Taller textil II.

Programa

Modelismo e prototipos (moulage) (4 créditos)

Concepción!e!creación!de!modelos,!ideación!e!bocetos.!realización!de!debuxos,! patróns!e!memoria!de!materiais!e!de!presentación!e!niveis!de!acabado.!modelismo! Obxectivos Adquirir!!un!coñecemento!básico!sobre!!as!diferentes!técnicas!e!procedementos! involucrados!no!desenvolvemento!dun!concepto!de!!colección!global . Especialmente  relacionada con el uso de  tecnoloxñia de soporte para  o desenvolvemento de protoripos.

Proxectos de deseño textil e moda II (8 créditos)

Descrición Esta disciplina céntrase no pensamento proxectual do deseño de indumentaria, no que se produce a síntese entre o técnico, o funcional e o expresivo. O alumno, mediante os elementos que ten o seu alcance para expresar unha idea, experimentará para entender as posibilidades de comunicación e comercialidade que ten o deseño como disciplina proxectual. A través dun proceso de investigación, análise e desenvolvemento do traballo de campo, a materia propón aos alumnos traballar en equipos de creación por unha banda sobre o proceso estándar de deseño e por outra a que o fai baixo un único concepto comercial de marca. Obxectivo O principal obxectivo focalizaráse no estudo e execución da colección e o concepto de marca. O estudante aprenderá a reforzar a idea do deseño para o tratamento de series de media complexidade, contemplando as relacions entre deseño/producto e deseño/usuario. Procúrase que entenda as necesidades técnicas e morfolóxicas do deseño para o traspaso da bidimensión á tridimensión e que o estudiante comprenda a complexidade que plantexa o desenvolvemento dunha colección inserida nunha proposta corporativa. Preténdese que aplique o proceso de deseño desde a fase previa do anteproxecto pasando polas características constructivas de cada peza na que traballa ata a imaxe corporativa e o branding da proposta. Metodoloxía Os estudantes agruparánse en equipos designados polos docentes e con tarefas personalizadas, formentando o traballo colaborativo. As aulas desenvolveránse a xeito de taller, con reunións programadas cos equipos. Nun primeiro momento, faráse unha introducción as propostas de exercicio e mediante un proceso de análise, investigación e creación acadaránse os resultados nas datas previamente acordadas. Contaráse con apoio desde a disciplina de Análise de tendencias para a búsqueda de referentes e documentación relativa a cada proxecto. Estructúrase en tres fases, que se focalizarán na creación de línea da colección, o concepto comercial de marca e imaxe corporativa e finalmente o propio desenvolvemento da colección. É sumamente importante respeitar as datas de entrega para a correcta valoración do exercicio.

Xéneros de punto ( 6 créditos)

Descrición. A materia de Xéneros de Punto achega os coñecementos teóricos e prácticos das estruturas fundamentais que constitúen os tecidos de punto e que permitan ao alumno deseñar e producir os seus propios proxectos. Obxectivos. - Aportar ao alumno coñecementos das posibilidades de deseño e producción dos xéneros de punto. - Introducir ao alumno nos tipos de máquinas, materias e procesos, de maneira que adquira nocións sobre as diferentes posibilidades de tecidos e formas. - Trasladar ao alumno entusiasmo e interese polo xénero de punto, posibilidades de estruturas, formas, etc. - Dotar ao alumno dunha visión práctica do proceso a seguir na realización dunha prenda. - Motivar a creatividade de novos tecidos e estruturas, combinando fíos e posibilidades. 2 Metodoloxía Combinaranse clases teóricas, prácticas e titorías co obxectivo de ir introducindo nos distintos temas do programa. O curso desenvolverase en dúas fases: - Unha primeira que servirá para aprender e percibir as posibilidades técnicas do punto ao mesmo tempo que elaborarán unha proposta, de acordo coa temática e liñas xerais que se darán a principios de curso, na que definirán a/s peza/s a desenvolver na segunda fase. Esta proposta deberá estar APROBADA polos 2 profesores da materia na última clase desta fase que corresponde coa última do mes de Decembro. Conterá un ou varios bocetos, unha ficha técnica e as primeiras probas das distintas técnicas a empregar no seu desenvolvemento. -

Modo de pagamento

O importe da matrícula do curso (Módulo P04) é de 1.080 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA co código E2011601 e indicando no concepto o Módulo 04 ou o nome do curso: TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL, ademáis do nome e DNI do alumno/a.

Impartido en

Facultade de Belas Artes. ESDEMGA

Observacións

Os estudantes do curso de formación deben recordar que so teñen unha oportunidade para superar as materias do curso. E que  a data de remate do seu curso é en abril

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.

A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:

Edificio de Xerencia e Servizos Centrais

Campus de Lagoas-Marcosende

36310 - VIGO (Pontevedra)

Teléfono.: 986 813 632

E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es

Profesorado

Moulage CURSO: :Fernando Suárez  e Eduardo Outeiro CONTACTO:fscabeza@uvigo.es Porgrama

Proxectos de deseño textil e moda II : Paula Solveira e Eduardo Outeiro CONTACTO: paulasol@gmail.com pesuso@hotmail.com

Xéneros de punto ( 6 créditos)  Sheila Pazos y José Bravo CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO: tallertextil2@uvigo.es

Sistema de avaliación

Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas

Exames

80% de asistencia ás sesións presenciais

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos