CURSO DE FORMACIÓN EN ESTAMPACIÓN TÉXTIL
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN ESTAMPACIÓN TÉXTIL
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F2011602 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN ESTAMPACIÓN TÉXTIL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 150 | ||||
Descrición | Ensino das bases do deseño gráfico e a maquetación, centradas no contexto da produción de moda. Taller de estampación experimental. Técnicas propias e de carácter independente para a personalización e "customización" de teas e prendas a través da impronta. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986801833 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
DESEÑO DE MODA POR ORDENADOR CURSO
A asignatura, de carácter eminentemente práctico, enfocarase ao dominio e o control dos recursos informáticos que permitan ao alumno desenvolver os seus proxectos creativos propios e os relacionados con outras materias da titulación, así como axudalo á posterior comunicación dos mesmos a través de diferentes canles. A asignatura tomará como punto de partida conceptos teóricos básicos na formación do deseño gráfico, do deseño editorial, do coñecemento tipográfico, da análise da imaxe e de técnicas de produción, para abordalos posteriormente na materia de maneira práctica: composición, tipografía, teoría da cor, elección de materiais, soportes de saída.
TECNOLOXÍA DE PROCESOS E ENNOBRECEMENTOS DE MATERIAS TÉXTIS
Descrición A asignatura concíbese como un achegamento ó taller de estampación básico e fundamentalmente experimental. O desenrolo de técnicas propias e de carácter independente para a personalización e “customización” de teas e prendas a través da impronta con tinta. Obxectivos Na asignatura existe unha bicefalia, que se traduce en dous bloques, o primeiro que é o composto pola estampación textil tradicional a través da serigrafía. E outro máis híbrido e innovador que achega técnicas máis extrañas ó mundo textil e industrial pero máis próximas ó mundo da plástica artística. Entre a convivencia das dúas búscase un equilibrio e unha complementariedade, a iniciación do alumno nas devanditas técnicas e incentivar a experimentación e mistura de medios, co obxetivo do enriquecemento das posibilidades creativas na estampación. Así mesmo búscase ofrecer ó alumno a posilidade da independencia e a economía de medios na personalización dos seus productos. Metodoloxía O plantexamento da asignatura é sobre todo o taller. É unha asignatura fundamentalmente práctica e que interaccionará posiblemente con outras materias e a medida que o alumno vislumbre as posiblilidades que os medios ofrecen, esto sería o desexabel. No taller daranse os contidos teóricos que inmediatamente Terán unha aplicación na práctica co plantexamento de diferentes exercicios.
Entidades organizadoras
Facultade de Belas Artes.ESDEMGA. Lola Dopico.
direcesdemga@uvigo.es
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/09/2016 00:00 - 25/09/2016 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 27/09/2016 00:00 - 30/09/2016 23:59 |
Período de docencia | 03/10/2016 - 16/06/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Créditos prácticos | 15 |
Validación de libre elección | 10 |
Destinatarios/as
Interesados en desenvolver a súa actividade profesional na industria téxtil e de moda.
Obxectivos
- Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
- Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
- Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
- Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.
Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo.
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Nota media de expediente académico de acceso.
Calendario
Presentación:
día 3 de Outubro Hora 17:30 aula 25 Facultade de Belas Artes
Comenzo 3 de outubro de 2016
Final : 16 de xuño de 2017
HORARIOS:
1ºCUATRIMESTRE- Deseño de moda por odenador: Xoves 18.30hs-22.00hs Aula de ordenadores ESDEMGA.
2ºCUATRIMESTRE- Deseño de moda por odenador: Luns 18.00hs-21.30hs Aula de ordenadores ESDEMGA
Tecnoloxía de procesos de ennobrecementos de materias téxtis: Martes 18.30hs-22.00hs Taller estampaión.
Programa
Deseño de moda por ordenador e novas tecnoloxías aplicadas (10 créditos) Anual
PROGRAMA MATERIA: DESEÑO DE MODA POR ORDENADOR CURSO: 2015-16 NÚMERO DE CRÉDITOS:10
A asignatura, de carácter eminentemente práctico, enfocarase ao dominio e o control dos recursos informáticos que permitan ao alumno desenvolver os seus proxectos creativos propios e os relacionados con outras materias da titulación, así como axudalo á posterior comunicación dos mesmos a través de diferentes canles. A asignatura tomará como punto de partida conceptos teóricos básicos na formación do deseño gráfico, do deseño editorial, do coñecemento tipográfico, da análise da imaxe e de técnicas de produción, para abordalos posteriormente na materia de maneira práctica: composición, tipografía, teoría da cor, elección de materiais, soportes de saída… Farase fincapé na complementariedade, compatibilidade e interdependencia das ferramentas informáticas con aquelas empregadas polo alumnado noutras materias. OBXECTIVOS Ademais de afianzar as bases teóricas e prácticas adquiridas no 1º curso da titulación, os obxectivos específicos desta materia son: - Profundar no dominio das ferramentas e utilidades básicas dos programas informáticos Photoshop, Illustrator e Indesign. - Apreciar as similitudes entre distintos programas informáticos de imaxe vectorial (Illustrator, Freehand, Corel). - Adquirir as bases teóricas e conceptuais referidas á formación no deseño e análise de imaxe. - Adquirir, a través do coñecemento dos elementos do deseño editorial e da súa experimentación, a capacidade de desenvolver unha publicación (ou portfolio) a partir de conceptos propios. - Asimilar a necesidade de transmisión de imaxe de marca dende o concepto á resolución visual. - Abordar a realización de proxectos que impliquen o uso combinado e complexo de distintas ferramentas e programas para acadar uns obxectivos conceptuais e formais propios. - Aprender a dixitalizar e a mesturar de maneira óptima recursos analóxicos e dixitais tanto cara á resolución de propostas como ao plantexamento de procesos creativos persoais. - Acadar coñecementos a partir de solucións e problemas de casos reais de producións gráficas, editoriais, textiles e fotográficas. - Desenvolver as aptitudes e coñecementos específicos para a preparación de arquivos finais destinados á produción técnica en diferentes saídas e soportes. En definitiva, o obxectivo xeral da materia é conseguir que o alumnado comprenda que as aplicacións informáticas son meras ferramentas orientadas a acadar distintos resultados e produtos relacionados coa propia creación pero tamén coa comunicación do deseño de moda; que os resultados proceden da correcta combinación das técnicas e recursos dispoñibles, facéndoo sempre baixo criterios de corrección estética e coherencia conceptual. METODOLOXÍA A materia preséntase en catro bloques de contidos complementarios entre sí. As sesións desenvolveranse principalmente a modo de taller: partindo de introducións teóricas proporanse exercicios prácticos co obxectivo de asimilar os contidos. Cada alumno contará cun ordenador, o que permitirá traballar de maneira simultánea nas clases teóricas e na resolución de exercicios prácticos. En cada bloque marcaranse unha serie de exercicios de carácter obrigatorio. Para aprobar a asignatura será preciso entregalos nas datas marcadas seguindo parámetros específicos. Para aqueles alumnos que deban presentarse á convocatoria de setembro será indispensable entregar os exercicios obrigatorios que o profesorado indique de xeito personalizado no mes de xuño coa publicación das cualificacións (non entregados / non resoltos de manera idónea ao longo do curso). Realizarase un exame final (teórico e práctico) nas datas oficiais, ademais de probas específicas para cada un dos bloques de contidos. Para un correcto desenvolvemento da materia é IMPRESCINDIBLE a asistencia puntual e continuada do alumnado a clase, así como a súa participación activa na asignatura e unha actitude idónea. CONTIDOS BLOQUE 1 (5 créditos) Imaxe de mapa de bits. Da invención á postproducción. Retoque dixital e optimización de imaxes (software de apoio: Adobe Photoshop) 1. Imaxe dixital vs. imaxe analóxica. Imaxe vectorial vs. imaxe de bits. Características e conceptos básicos. 2. Introdución ao espazo de traballo en Photoshop: conceptos básicos, paletas, menús, ferramentas, regras, cuadrícula, guías, preferencias. 3. Personalización, optimización do contorno de traballo/ferramentas e automatización (Bridge): creación de paletas, pinceis, patróns e motivos, lotes e accións. 4. Formatos de imaxe e tipos de compresión. 5. Optimización e exportación de arquivos para diversas saídas. Resolución, modos de cor, dimensión, remuestreo vs. redimensión. 6. Ferramentas de debuxo, pintura, texto, retoque e trazado. 7. Capas, seleccións e máscaras. 8. A luz: histogramas, niveis, curvas, limpeza de debuxos e coloreado dixital da ilustración. 9. A cor: conceptos básicos, modos e axustes de cor, canles, corrección de dominancias. 10. Composición: conceptos básicos, proporción, reencuadre e montaxe. 11. Retoque, transformación de imaxes e filtros. 12. Edición non destrutiva: capas de axuste e de recheo, máscaras e estilos de capa, modos de fusión. 13. Do debuxo á ilustración: dixitalización de debuxos e aplicación de técnicas mixtas analóxico-dixitais. BLOQUE 2 (3 créditos) Imaxe Vectorial. Introdución ao deseño gráfico. (software de apoio: Illustrator). 1. Revisión dos conceptos chave do traballo con vectores 2. O contorno de traballo: menús principais, paletas, barras de ferramentas, paneis e inspectores. 3. Creación de documentos e capas. 4. Retículas compositivas 5. Tipografía e deseño. Traballo con texto en programas vectoriais. 6. Ferramentas de debuxo e trazado. 7. Símbolos e estilos. 8. Traballo con imaxes en programas vectoriais. 9. Creación de arquivos finais. PDF A prenda gráfica. Da idea á produción. 10. Introdución a conceptos básicos de estampación e técnicas. 11. Estampado posicional e estampado continuo. 12. Traballo con motivos e variacións de cor. 13. Preparación de arquivos finais. BLOQUE 3 (2 créditos) O portfolio. Do concepto á produción. 1. Introdución ao formato libro. As posibilidades de comunicación do formato. Partes dunha publicación, construción e estrutura interna. Tipos de encadernación, de impresión e acabados. 2. Retículas. Elementos das páxinas e a súa disposición. Elementos e procedementos básicos de maquetación de imaxe e texto. 3. Introdución aos conceptos de microtipografía (carácter, palabra, líña, interlíña, caixa de texto). Criterios para a elección da tipografía. 4. Introdución ao software de edición e maquetación (Indesign). Diferencias e similitudes co resto de software de deseño e edición de textos. Conceptos chave do programa: páxinas maestras, contedores, empaquetado, etc. 5. Elaboración de estudos previos e maquetas. Estudio de materiais e construción da publicación. 6. Preparación de arquivos finais de cara a producción (imprenta, reprografía, autoedición, etc.) AVALIACIÓN Cada un dos bloques de contidos avaliarase de maneira independente, sendo a nota final da asignatura a resultante da suma de: Bloque 1: 50% da nota final Bloque 2: 30% da nota final Bloque 3: 20% da nota final Para o aprobado global da materia, é dicir, para que a suma anterior poida ter lugar, os alumnos deberán aprobar cada un dos bloques ou, alomenos, acadar 4 puntos neles. No caso de quedar por debaixo de 4 puntos nalgún dos bloques, a nota final será SUSPENSO. Se isto ocorrese na convocatoria de xuño, as partes aprobadas 'gardaranse' ata a convocatoria de setembro. A non presentación dos traballos obrigatorios significará o suspenso da asignatura. Nos traballos prácticos valorarase a progresión da aprendizaxe, a coherencia e adecuación dos resultados ás propostas, a limpeza e a presentación global. A actitude, a participación na clase e a implicación na materia en xeral, serán determinantes na avaliación, podendo influir de maneira positiva ou negativa na cualificación final da materia.
Tecnoloxía de procesos e ennobrecementos de materias téxtis (5 créditos) 2º Cuadrimestre
MATERIA: TECNOLOXÍA DE PROCESOS E ENNOBRECEMENTOS DE MATERIAS TÉXTIS CURSO: 2015-16 NÚMERO DE CRÉDITOS: 5
PROGRAMA DA ASIGNATURA
Descrición A asignatura concíbese como un achegamento ó taller de estampación básico e fundamentalmente experimental. O desenrolo de técnicas propias e de carácter independente para a personalización e “customización” de teas e prendas a través da impronta con tinta. Obxectivos Na asignatura existe unha bicefalia, que se traduce en dous bloques, o primeiro que é o composto pola estampación textil tradicional a través da serigrafía. E outro máis híbrido e innovador que achega técnicas máis extrañas ó mundo textil e industrial pero máis próximas ó mundo da plástica artística. Entre a convivencia das dúas búscase un equilibrio e unha complementariedade, a iniciación do alumno nas devanditas técnicas e incentivar a experimentación e mistura de medios, co obxetivo do enriquecemento das posibilidades creativas na estampación. Así mesmo búscase ofrecer ó alumno a posilidade da independencia e a economía de medios na personalización dos seus productos. Metodoloxía O plantexamento da asignatura é sobre todo o taller. É unha asignatura fundamentalmente práctica e que interaccionará posiblemente con outras materias e a medida que o alumno vislumbre as posiblilidades que os medios ofrecen, esto sería o desexabel. No taller daranse os contidos teóricos que inmediatamente Terán unha aplicación na práctica co plantexamento de diferentes exercicios. Estaremos limitados polas posibilidades que o reducido espacio do taller nos ofrece motivo polo que se doblarán os grupos co fin de que sexan máis dinámicos e operativos. Considérase a asistencia dunha forma participativa ás clases como algo necesario para a superación da asignatura. Contidos Bloque A: ESTAMPACIÓN TEXTIL TRADICIONAL. A SERIGRAFÍA. • A serigrafía: reseña histórica, tipos e aplicacións industriais. Antecedentes e referentes. • Materiais e técnicas. A serigrafía textil. • Pantalla e lineatura e trapping. • Conceptos de imaxen: en liña ou tramada. A trama, resolución. - Proceso 1: o orixinal mecánico, medios dixitais de tramado / o orixinal directo e creativo. - Proceso 2: Emulsionado, solarizado y revelado. - Proceso 3: Rexistro e tiraxe. A impresión. • Conceptos de seguridade no taller. Bloque B: MEDIOS ALTERNATIVOS DE ESTAMPACIÓN. • Introdución á imaxe impresa. Procesos: 1. Impresión en oco. 2. Impresión en relieve. 3. Impresión planográfica. 4. Impresión dixital. • Linograbado: Preparación da imaxe, matriz, talla, materiais e ferramentas, técnicas, entintado, estampación en diversos soportes… • Xilografía: Preparación da imaxe, matriz, talla, materiais e ferramentas, técnicas, entintado, estampación en diversos soportes… • Poliespán: Preparación da imaxe, matriz, talla, materiais e ferramentas, técnicas, entintado, estampación en diversos soportes… • Transferencias de imaxes: Transferencia con disolventes e con Paper transfer (papel siliconado) aplicado a diferentes soportes. • Aerografía: Técnicas, esténcil, máscaras, plantillas, tintas e aplicación a soportes téxtis. • Fotolitos experimentais: Elaboración a partir de fotocopias, películas, acetatos e outros materiais. • Tampografía: Creación de tampóns de caucho: talla, entintado e estampación sobre distintos soportes. Avaliación A medida que se expoñan os contidos da asignatura faranse propostas ou exercicios concretos e consecutivos dende o primeiro día. Cada exposición terá un plantexamento práctico inmediato. Son coñecementos encadeados e continuos o que fai imprescindible a presencia para a súa complementariedade e desenrolo. Recolleranse esas aplicacións prácticas ó final da asignatura, esixíndose nunha proba final completar ou complementar as carencias ou faltas que se observen no material entregado.
Modo de pagamento
O importe da matrícula do curso (Módulo P03) é de 900 €.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA co código E2011601 e indicando no concepto o Módulo 03 ou o nome do curso: ESTAMPACIÓN TÉXTIL, ademáis do nome e DNI do alumno/a.
Impartido en
Facultade de Belas Artes. ESDEMGA
Observacións
Os estudiantes do curso de formación deben ser conscientes de que só teñen a convocatoria de xuño para superar a materia. O final do curso é o 17 de xuño
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es
Profesorado
NOME DOS PROFESORES: NOME DOS PROFESORES: PATRICIA DOPICO RODRÍGUEZ, MARTA RIERA,patricia.esdemga@gmail.com, martarierataboas@homail.com,
NOME DO PROFESOR/ES: Andrés Pinal, José Ángel Zabala CORREO ELECTRÓNICO: andrespinal@hotmail.com fontuso@hotmail.com
Sistema de avaliación
Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas
Exames
80% de asistencia ás sesións presenciais