ESPECIALISTA EN DOBRAXE

Información do curso

ESPECIALISTA EN DOBRAXE


Tipo Especialista
Código E3011601
Nome ESPECIALISTA EN DOBRAXE
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 200
Descrición

ABERTO SEGUNDO PRAZO DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812066
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Filoloxía e Tradución.

Colaboran co título os seguintes estudios de dobraxe:

ÁREA 5.1 FACTORÍA AUDIOVISUAL
BABALÚ VOX
BRÉTEMA PRODUCCIONES
CINEMAR FILMS
CINEMA IBEROLUSA
DDA/DUB DIGITAL AUDIO
PENTEO FILMS
SDI MEDIA IBÉRICA
STUDIO XXI PRODUCCIONES
UNO TV

*O alumnado que obteña o título realizará unha proba de dobraxe nalgún dos estudios colaboradores.

Páxina web do curso

http://webs.uvigo.es/dobraxe

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/06/2016 00:00 - 20/09/2016 23:59
Período de matrícula 16/06/2016 00:00 - 21/09/2016 23:59
Período de docencia 03/10/2016 - 01/06/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 25
Créditos teóricos 5
Créditos prácticos 15
Validación de libre elección 10

Destinatarios/as

- Alumnado licenciado ou graduado no sistema universitario estatal.
- Alumnado de 4º ano de grao do sistema universitario estatal.
- Profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Obxectivos

Os obxectivos do curso son:
- Adquisión dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de actor/actriz de dobraxe.
- Adquisión dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de tradutor/a audiovisual.
- Adquisión dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da profesión de axustador/a.

Condicións de acceso

Poderán matricularse e realizar o presente Curso de Especialista :

a) Modalidade de MATRÍCULA ORDINARIA (20 prazas): Poderá matricularse aquel alumnado que cumpra os requisitos fixados no Regulamento de Títulos de Posgrao e Outros Cursos da Universidade de Vigo
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

b) Modalidade de MATRÍCULA DE TAXAS REDUCIDAS (Resérvanse 5 prazas):
- Poderá acollerse a esta modalidade aquel alumnado que curse (ou teña cursado) o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.
Seleccionarase ao alumnado a partir da data de preisncrición. Ao alumnado preinscrito e seleccionado comunicaráselle o prazo para formalizar a matrícula e achegar ao coordinador do curso a seguinte documentación:
- Xustificante de pagamento.
- Currículo (académico, investigador e profesional) así como unha copia do expediente académico.

Unha vez formalizada a matrícula informarase ao alumnado ao que lle foi concedida a bolsa, en función currículo (académico, investigador e profesional) achegado.

Se non se cubren todas as prazas abrirase un segundo prazo de preinscrición e matrícula a comezos de setembro.

Calendario

O curso desenvolverase na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo ao longo do curso académico, co seguinte horario:
Mércores: 16-20h.
Xoves: 16-20h.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
MÓDULO B: FONOLOXÍA/FONÉTICA
1. Fonoloxía
1.1. Introdución: conceptos básicos
1.2. A fonoloxía segmental: vogais e consoantes
1.3. A fonoloxía suprasegmental (I): ritmo
1.4. A fonoloxía suprasegmental (II): entoación
1.5. Fonoloxía comparada
2. Fonética
2.1. Introdución á produción da fala
2.2. Vogais e consoantes
2.3. Fenómenos característicos na produción da fala
2.4. Aproximación á transcrición fonética
2.5. Ritmo e entoación: prácticas
MÓDULO C: AXUSTE
1. O proceso de axuste
1.1. Especificidades da produción
1.2. Ritmo da VO
2. O proceso de adaptación
2.1. Especificidades da dobraxe
3. Adaptación vs. axuste
MÓDULOS PRÁCTICOS:
MÓDULO D: DOBRAXE
1. Historia da dobraxe
2. A sincronía na dobraxe
2.1. Sincronía fonética
2.2. Sincronía cinética
2.3. Isocronía
3. A proxección da voz
3.1. Estratexias de dobraxe e locución
3.2. Estratexias de interpretación
4. A dirección de dobraxe
MÓDULO A: TRADUCIÓN PARA A DOBRAXE
1. Definición
2. Fases da tradución para a dobraxe
2.1. Adquisición do texto
2.2. Estudio de dobraxe
2.3. Encomenda
2.4. Axuste ou adaptación
2.5. Dramatización
3. Convencións da dobraxe
3.1. Unidades
3.2. Símbolos
3.3. Técnica
4. Problemas de tradución
5. Estratexias de resolución de problemas

Modo de pagamento

Matrícula ordinaria: 1200 €.

Matrícula estudantes Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional: 600 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.

Posibilidade de obtención dunha bolsa.

Sistema de avaliación

- Dúas probas parciais.
- Proba final de dobraxe.

*Asistencia obrigatoria ao 80% das clases.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos