CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL


Tipo Curso de Formación
Código FX061601
Nome CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 30
Información de contacto:  
 · Teléfono 986.812517
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA APLICADA

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 16/05/2016 00:00 - 01/06/2016 23:59
Período de matrícula 16/05/2016 00:00 - 01/06/2016 23:59
Período de docencia 01/06/2016 - 09/06/2016

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 30
Número máximo de participantes 70
Créditos teóricos 1.6
Créditos prácticos 1.4
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

- Alumnos/as da Universidade de Vigo dos Graos en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Comercio, Simultaneidade ADE-Dereito, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos.

- Titulados Universitarios de Diplomatura, Licenciatura ou Grao en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos

- Profesionais relacionados coa xestión da empresa

Condicións de acceso

1. Alumnos/as da Universidade de Vigo
2. Titulados/as Universitarios/as
3. profesionais directamente relacionados coa xestión da empresa, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4. de xeito excepcional, e sempre que non superen o 25% do total da matrícula, poderán ser admitidos profesionais relacionados coa xestión da empresa que non reúnan os requisitos legais de acceso á Universidade.

Criterios de selección

A orde de prioridade para o acceso ó Curso será:
1º. Alumnos/as actuais ou xa egresados de Titulacións de Economía, Empresa ou Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo. Na orde de selección priorizaránse aqueles/as alumnos/as con coñecementos previos de fiscalidade, comezando por aqueles matriculados nos últimos cursos da titulación.
2º. Orde de preinscripción

Calendario

- Mércores 01 de xuño de 16 a 21h
- Xoves 02 de xuño de 16 a 21h
- Venres 03 de xuño de 16 a 21h
- Martes 07 de xuño de 16 a 21h
- Mércores 08 de xuño de 16 a 21h
- Xoves 09 de xuño de 16 a 21h

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Introducción ó Imposto sobre o Valor Engadido: Natureza e ámbito de aplicación
Introducción ás caracterísiticas básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.
Operacións Interiores: Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción do Imposto. Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens e as prestacións de servizos por empresas ou profesionais.
Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional: Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións.
Desenrolo do tratamento no IVE doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as operacións fora do territorio español. As adquisicións intracomunitarias, as importacións e as exportacións.
Análise en cada caso do Feito Impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Base Impoñible e Tipos Impositivos
Cuantificación do Feito Impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servizos (contraprestacións en especie, autoconsumo, etc...).
Análise dos tipos impositivos segundo operacións.
Deduccións e Devolucións
Análise da neutralidade na aplicación do IVE.
Determinación da Prorrata e as súas modalidades.
Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións.
Condicións para a Devolución do IVE.
Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia
Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime.
Simplificación na xestión do Imposto.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Operacións Interiores: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Tráfico Internacional: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio do IVE nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Base Impoñible e Tipos Impositivos: estudo de casos
Aplicación do proceso liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Rexímenes Especiais. Réxime Simplificado e Recargo de Equivalencia: estudo de casos
Discusión e resolución de casos prácticos de actividades acollidas ós Rexímenes Espciais.

Modo de pagamento

 TAXAS DE MATRÍCULA

- Matrícula ordinaria: 90 €
- Matrícula alumnado UVIGO: 80 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome e o Código do curso (FX061601), así como o nome e apelidos do alumno/a.

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:

Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es

Sistema de avaliación

Asistencia e resolución comentada de casos prácticos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos