TÉCNICAS MANIPULATIVAS NAS EXTREMIDADES
Información do curso
TÉCNICAS MANIPULATIVAS NAS EXTREMIDADES
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051604 | ||||
Nome | TÉCNICAS MANIPULATIVAS NAS EXTREMIDADES |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 801750 - 801752 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 26/10/2015 00:00 - 25/02/2016 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 02/11/2015 00:00 - 26/02/2016 23:59 |
Período de docencia | 26/02/2016 - 06/03/2016 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 18 |
---|---|
Número máximo de participantes | 24 |
Créditos teóricos | 0.5 |
Créditos prácticos | 3.5 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2015-16 sexan de 3º curso do Grao.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno/a de 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2015-16
Criterios de selección
Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnado de 4º curso e alumnado de 3º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.
Calendario
Do 26 de febreiro ao 6 de marzo de 2016.
Horario: VENRES 26 de febreiro e 4 de marzo: de 15:30 a 20:30 horas; SÁBADOS 27 de febreiro e 5 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGOS 28 de febreiro e 6 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Fisioloxía das manipulacións
Concepto hipo-hipermobilidade
Indicacións das manipulacións con impulso
Contraindicacións das manipulacións con impulso
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Valoración e biomecánica da cintura escapular, técnicas manipulativas (da cabeza umeral, da esternoclavicular, da acromioclavicular, da escápula e da 1ª costela) e casos clínicos (síndrome do desfiladeiro, impingement subacromial, cervicobraquialxia,...).
Valoración e biomecánica do cóbado, técnicas manipulativas (do cóbado, do radio e do cúbito) e casos clínicos (epicondilalxias, síndrome do pronador,...).
Valoración e biomecánica do pulso e da man, técnicas manipulativas (da radiocarpiana, dos osos do carpo, do 1º dedo e das metacarpofalánxicas) e casos clínicos (túnel carpiano, tendinite de De Quervain,...).
Valoración e biomecánica do pé, técnicas manipulativas (da tibia, do peroné, do astrágalo e calcáneo, do escafoide, cuboide e cuneiformes, das metatarsofalánxicas e do 1º dedo) e casos clínicos (fascite plantar, síndrome do canal tarsiano, entorse,...).
Valoración e biomecánica do xeonllo, técnicas manipulativas (do xeonllo, da tibia, do peroné, para menisco e ante un corpo estraño) e casos clínicos (síndrome de hiperpresión rotuliana externa, meniscite,...).
Valoración e biomecánica da cadeira, técnicas manipulativas (da cadeira e ante corpo estraño na mesma) e casos clínicos (bursite trocantérea, impingement femoroacetabular,...).
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de157 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.