CURSO DE FORMACIÓN EN ANÁLISE E SEGUIMENTO DE VALORES
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN ANÁLISE E SEGUIMENTO DE VALORES
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F3060402 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN ANÁLISE E SEGUIMENTO DE VALORES |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 32 | ||||
Descrición | O presente curso, dirixido tanto a membros da comunidade universitaria, como persoas xa tituladas e profesionais, ten como obxectivo completar a súa formación, nunha materia que debido o frenético proceso de cambios ó que está sometida, exise unha permanente actualización de coñecementos e consolidación de capacidades. | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813748 / 986 813975 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
A bolsa constitue cada vez máis, unha alternativa para o aforro de particulares e institucións, que lles permite obter una rendabilidade relevante fronte a outro tipo de inversións, aunque sexa a costa de asumir, posiblemente un maior risco. Todo isto nótase en que o aforro financeiro destinado a valores cotizados medra en todo o mundo moi por riba do PIB. O mesmo tempo, ocupa un importante papel na actividade económica do noso país. O presente curso, dirixido tanto a membros da comunidade universitaria, como persoas xa tituladas e profesionais, ten como obxectivo completar a súa formación, nunha materia que debido o frenético proceso de cambios ó que está sometida, exise unha permanente actualización de coñecementos e consolidación de capacidades.Entidades organizadoras
Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo.Director do curso: Jose Luis Sáez Ocejo
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 01/10/2004 00:01 - 02/11/2004 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 02/11/2004 - 10/11/2004 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 25 |
---|---|
Número máximo de participantes | 100 |
Créditos teóricos | 3.05 |
Créditos prácticos | 0.15 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
O presente curso vai dirixido tanto a alumnado universitario como a persoas xa tituladas. Tal e como se fixo mención previamente, o destinatario principal sería o daquelas titulacións nas que se impartisen os coñecementos relacionados coa análise bolsista, sito dentro do bloque configurador de finanzas da diplomatura de Ciencias Empresariais; así e todo no resto de especialidades, esta materia non é impartida, por iso parece obvio a súa inclusión para o resto de alumnos deste centro, xa que lles vai permitir coñecer o ámbito empresarial. Igualmente e por similitude esta materia tamén complementaría os coñecementos de titulacións similares relacionadas coas finanzas concentradas nos planos de estudo das titulacións de Licenciada/o en Dirección e Administración de Empresas, Económicas, Dereito Económico e Diplomatura en Relacións Laborais. O curso tamén está dirixido a profesionais relacionados co mundo das finanzas e, en concreto, a aqueles que desexen actualizar os seus coñecemenos, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios. De xeito excepcional, cando non superen o 50% do total de alumnos do curso poderán ser admitidos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidadeObxectivos
O mercado financeiro é cada vez máis un elemento imprescindible para o normal funcionamento do sistema financeiro dunha economía capitalista, isto constitúe o obxectivo do curso: aportar aos non iniciados nos temas bolsistas os coñecementos imprescindibles para o seu normal desenvolvemento nos mercados. Para isto o presente curso pretende iniciar aos alumnos en cuestións relacionadas co mundo da bolsa desde distintas perspectivas, explicando os obxectivos e o funcionamento xeral dos mercados financeiros, detallando os principais tipos de mercado que existen nas bolsas españolas. Seguidamente faise mención a aspectos relacionados cos valores mobiliarios obxecto da súa contratación, ao igual que o estudo dos distintos tipos de operacións que se poden efectuar nas bolsas. Para poder efectuar esta serie de operacións é preciso coñecer a distinta información xunto con aqueles indicadores que se empregan para seguir a evolución das bolsas, por iso valoraranse os factores que inflúen no clima bolsista, xuntos coas técnicas para a análise das accións dunha empresa (técnico e fundamental), todo coa finalidade de valorar as mellores perspectivas que permitan tomar decisións de inversión no mercado de capitais ao obxecto de acadar a súa óptima rendibilidade.Condicións de acceso
Calquera alumno matriculado na diplomatura de CC. Empresariais, Licenciada/o en Dirección e Administración de Empresas, Económicas, Dereito Económico e Diplomatura en Relacións Laborais, pode realizar este curso de formación ao ser os coñecementos previos practicamente mínimos, entre estes poden ser precisos certos coñecementos de contabilidade e de mercados financeiros, que na propia idiosincrasia destas titulacións xa vén desenvolvida no seu plano de estudos.Criterios de selección
Orde de matriculación, con preferencia a alumnado da Diplomatura de CC. Empresariais especialidade de finanzas e no mesmo nivel alumnado das licenciaturas de Dereito Económico, Economía e Administración e Dirección de Empresas, ao igual que a Diplomatura en Relacións LaboraisCalendario
Do 2 de novembro ao 10 de novembro de 2004Horario: 16.30 a 21.00
Programa
Para acceder á información, prema aquí.Modo de pagamento
Concederanse 5 bolsas unha vez finalizada a matrícula
Impartido en
Escola Universitaria de Estudos Empresariais de VigoTorrecedeira, 105, CP 36208 Vigo (Pontevedra) Tel: 986813748 Fax: 986813746
Profesorado
Sistema de avaliación
Clases presenciaisAsistencia mínima 85% horas totais do curso