CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F2011503 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN TALLER DE DESEÑO PROFESIONAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 180 | ||||
Descrición | Ensino das habilidades e control da técnica de modelaxe, transformación e reconstrución sobre maniquí, estático ou en movemento, adaptando o modelo ós patróns e á inversa. Adquisición do dominio e control dos recursos estéticos e creativos no desenvolvemento de prendas que conformen unha serie de estilismos propios de unha colección de moda. Ensino das estruturas fundamentais que constitúen os tecidos de punto e que permitanao alumno deseñar e producir os seus propios proxectos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986801833 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
MODELISMO E PROTOTIPOS (Moulage)
Concepción e creación de modelos, ideación e bocetos. realización de debuxos, patróns e memoria de materiais e de presentación e niveis de acabado. modelismo
Obxectivos- Adquirir un coñecmento básico sobre as diferentes técnicas e procedementos involucrados no desenvolvemento dun concepto de colección global. Introducirse en competencias en prototipado. O modelismo en si mesmo supón a adquisición das técnicas de construción destinadas á elaboración de prototipos e modelos. Familiarizarse con universos construtivos vencellados a diversas familias de pezas iinvolucradas no ámbito das coleccións de moda. Adquirir o léxico dos diferentes contextos produtivos dos seminarios.
Metodoloxía- Imos desenvolver unha metodoloxía baseada en seminarios curtos e concentrados na adquisición e coñecementos de carácter práctico para o desenvolvemento de prototipos. A metodoloxía é fundamentalmente práctica e de taller. De forma específica en cada taller concentraranse na revisión dunha técnica diferente.
PROXECTOS DE DESEÑO TEXTIL E MODA
Esta disciplina céntrase no pensamento proxectual do deseño de indumentaria, no que se produce a síntese entre o técnico, o funcional e expresivo. O alumno, mediante os elementos que ten o seu alcance para expresaar unha idea, experimentará para entender as posibilidades de comunicación e comercialidad que ten o deseño como disciplina proxectual. A través dun proceso de investigación, análise e desenvolvemento do traballo de camo, a materia propón aos alumnos traballas en equios de creación por unha banda sobre o proceso estándar de deseño e por outra a que fai baixo un único concepto comercial de marca.
Obxectivo- O principal obxectivo focalizarase no estudo e execución da colección e o concepto de marca. O estudante aprenderá a reforzar a idea do deseño para o tratamiento de series de media complezidade, contemplando as relacions entre deseño/producto e deseñi/usuario. Procúrase que entenda as necesidades técnicas e morfolóxicas do deseño para o traspaso da bidimensión á tridimensión e que o estudante comprenda a complexidade que plantexa o desenvolvemento dunha colección inserida nunha proposta corporativa. Preténdese que aplique o proceso de deseño desde a fase previa do anteproxecto pasando polas características constructivas de cada peza na que traballa ata a imaxe corporativa e o branding da proposta.
XÉNEROS DE PUNTO
A materia de xéneros de punto achega os coñecementos teóricos e práctivos das estrutudas fundamentaais que constitúen os tecidos de punto e que permitan ao alumno deseñar e producir os seus propios proxectos.
Obxectivos- Aportar ao alumno coñecementos das posibilidades de deseño e producción dos xéneros de punto. Intriducir ao alumno nos tipos de máquinas, materias e procesos, de maneira que adquira nocións sobre as diferentes posibilidades de tecidos e formas. Trasladar ao alumno entusiasmo e interese polo xénero de punto, posibilidades de estruturas, formas, etc. Dotar ao alumno dunha visión práctica do proceso a seguir na realización dunha prenda. Motivar a creatividade de novos tecidos e estruturas, combinando fíos e posibilidades.
Entidades organizadoras
Facultade de Belas Artes. ESDEMGA
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 21/09/2015 14:12 - 24/09/2015 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 25/09/2015 14:13 - 29/09/2015 23:59 |
Período de docencia | 03/10/2016 - 07/04/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Créditos prácticos | 18 |
Validación de libre elección | 12 |
Destinatarios/as
Interesados en desenvolver a súa actividade profesional na industria téxtil e de moda.
Obxectivos
- Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
- Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
- Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
- Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.
Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo.
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Nota media de expediente académico de acceso.
Calendario
Presentación: día 1 de Outubro as 18:30 de 2015 Espacio 25 Facultade de Belas Artes
Incicio das clases día 5 de outubro de 215
Remate das claes 15 de abril de 2016
HORARIOS
1ºSEMESTRE- Modelismo e prototipos(moulage): Venres 15.30hs-21.30hs Taller textil II.
Proxecto de deseños téxtil e moda: Mércores 16.30hs-17.30hs
Xoves 18.30hs-21.30hs
Taller textil II.
Xéneros de punto: Luns 15.30hs-18.30hs Taller textil II.
Programa
Modelismo e prototipos (moulage) (4 créditos)
Concepción!e!creación!de!modelos,!ideación!e!bocetos.!realización!de!debuxos,! patróns!e!memoria!de!materiais!e!de!presentación!e!niveis!de!acabado.!modelismo! Obxectivos Adquirir!!un!coñecemento!básico!sobre!!as!diferentes!técnicas!e!procedementos! involucrados!no!desenvolvemento!dun!concepto!de!!colección!global . Especialmente relacionada con el uso de tecnoloxñia de soporte para o desenvolvemento de protoripos.
Proxectos de deseño textil e moda II (8 créditos)
Descrición Esta disciplina céntrase no pensamento proxectual do deseño de indumentaria, no que se produce a síntese entre o técnico, o funcional e o expresivo. O alumno, mediante os elementos que ten o seu alcance para expresar unha idea, experimentará para entender as posibilidades de comunicación e comercialidade que ten o deseño como disciplina proxectual. A través dun proceso de investigación, análise e desenvolvemento do traballo de campo, a materia propón aos alumnos traballar en equipos de creación por unha banda sobre o proceso estándar de deseño e por outra a que o fai baixo un único concepto comercial de marca. Obxectivo O principal obxectivo focalizaráse no estudo e execución da colección e o concepto de marca. O estudante aprenderá a reforzar a idea do deseño para o tratamento de series de media complexidade, contemplando as relacions entre deseño/producto e deseño/usuario. Procúrase que entenda as necesidades técnicas e morfolóxicas do deseño para o traspaso da bidimensión á tridimensión e que o estudiante comprenda a complexidade que plantexa o desenvolvemento dunha colección inserida nunha proposta corporativa. Preténdese que aplique o proceso de deseño desde a fase previa do anteproxecto pasando polas características constructivas de cada peza na que traballa ata a imaxe corporativa e o branding da proposta. Metodoloxía Os estudantes agruparánse en equipos designados polos docentes e con tarefas personalizadas, formentando o traballo colaborativo. As aulas desenvolveránse a xeito de taller, con reunións programadas cos equipos. Nun primeiro momento, faráse unha introducción as propostas de exercicio e mediante un proceso de análise, investigación e creación acadaránse os resultados nas datas previamente acordadas. Contaráse con apoio desde a disciplina de Análise de tendencias para a búsqueda de referentes e documentación relativa a cada proxecto. Estructúrase en tres fases, que se focalizarán na creación de línea da colección, o concepto comercial de marca e imaxe corporativa e finalmente o propio desenvolvemento da colección. É sumamente importante respeitar as datas de entrega para a correcta valoración do exercicio.
Xéneros de punto ( 6 créditos)
Descrición. A materia de Xéneros de Punto achega os coñecementos teóricos e prácticos das estruturas fundamentais que constitúen os tecidos de punto e que permitan ao alumno deseñar e producir os seus propios proxectos. Obxectivos. - Aportar ao alumno coñecementos das posibilidades de deseño e producción dos xéneros de punto. - Introducir ao alumno nos tipos de máquinas, materias e procesos, de maneira que adquira nocións sobre as diferentes posibilidades de tecidos e formas. - Trasladar ao alumno entusiasmo e interese polo xénero de punto, posibilidades de estruturas, formas, etc. - Dotar ao alumno dunha visión práctica do proceso a seguir na realización dunha prenda. - Motivar a creatividade de novos tecidos e estruturas, combinando fíos e posibilidades. 2 Metodoloxía Combinaranse clases teóricas, prácticas e titorías co obxectivo de ir introducindo nos distintos temas do programa. O curso desenvolverase en dúas fases: - Unha primeira que servirá para aprender e percibir as posibilidades técnicas do punto ao mesmo tempo que elaborarán unha proposta, de acordo coa temática e liñas xerais que se darán a principios de curso, na que definirán a/s peza/s a desenvolver na segunda fase. Esta proposta deberá estar APROBADA polos 2 profesores da materia na última clase desta fase que corresponde coa última do mes de Decembro. Conterá un ou varios bocetos, unha ficha técnica e as primeiras probas das distintas técnicas a empregar no seu desenvolvemento. -
Modo de pagamento
O importe da matrícula do curso (Módulo P04) é de 1.080 € €.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome e código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.
Impartido en
Facultade de Belas Artes. ESDEMGA
Observacións
Os estudantes do curso de formación deben recordar que so teñen unha oportunidade para superar as materias do curso. E que a data de remate do seu curso é en abril
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es
Profesorado
Moulage CURSO: NOME!DOS!!PROFESORES :Fernando Suárez e Eduardo Outeiro CONTACTO:fscabeza@uvigo.es Porgrama
Proxectos de deseño textil e moda II NOME DO/S PROFESOR/ES: Paula Solveira e Eduardo Outeiro CONTACTO: paulasol@gmail.com pesuso@hotmail.com
Xéneros de punto ( 6 créditos) NOME DO/S PROFESOR/ES: Sara Coleman y José Bravo CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO: tallertextil2@uvigo.es
Sistema de avaliación
Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas
Exames
80% de asistencia ás sesións presenciais