ESPECIALISTA EN DESEÑO DE MODA

Información do curso

ESPECIALISTA EN DESEÑO DE MODA


Tipo Especialista
Código E2011501
Nome ESPECIALISTA EN DESEÑO DE MODA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 1120
Información de contacto:  
 · Teléfono 986801800
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Belas Artes

Páxina web do curso

esdemga.uvigo.es

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 21/09/2015 00:00 - 24/09/2015 23:59
Período de matrícula 25/09/2015 00:00 - 29/09/2015 23:59
Período de docencia 03/11/2016 - 30/06/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 15
Créditos teóricos 22
Créditos prácticos 90
Validación de libre elección 56

Destinatarios/as

Interesados en desenvolver a súa actividade profesional na industria téxtil e de moda

Obxectivos

Adquirir os coñecementos específicos dos procesos de desenvolvemento de produto de deseño de moda (prendas, complementos, etc)
Coñecer os procesos de fabricación, distribución, comercialización e comunicación de moda.
Coñecer as metodoloxías e o seu mellor axeitamento ás propostas de deseño en concordancia coa evolución tecnoloxía e industrial propia do sector.
Coñecer e aplicar as metodoloxías que faciliten o desenvolvemento do pensamento creativo.

Condicións de acceso

Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Para acceder aos CURSOS DE FORMACIÓN:
1.Titulados/as universitarios de primeiro, segundo e terceiro ciclo.
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Criterios de selección

Nota media de expediente académico de acceso

Calendario

Presentación día 1 de Outubro de 2015 as  17:30 espazo 25 Facultade de Belas Artes

5 outubro de 2015 a 30 de xuño de 2017
Quenda única de tarde de 15:30 a 21:30

O calendario se corresponde co  de ESDEMGA  así como tamén o horario  para 2º curso  de ESDEMGA  ver:  esdemga.uvigo.es

 

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Teoría e crítica do deseño de moda
Estilismo e estética (4 créditos)
Análise de tendencias (6 créditos)
Disciplinas Auxiliares en moda
Antropoloxía e socioloxía do consumo e da moda (4 créditos)
Administración de empresas e organización da produción (4 créditos)
Mercadotecnia da moda e loxística téxtil (4 créditos)
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Prácticas en empresas
Estancia entre 500 e 600 horas en empresas do sector
Fotografía e deseño gráfico de moda
Fotografía aplicada ó deseño e á moda (6 créditos)
Creación do porfolio (4 créditos)
Estampación Téxtil
Deseño de moda por ordenador e novas tecnoloxías aplicadas (10 créditos)
Tecnoloxía de procesos e ennobrecementos de materias téxtis (5 créditos)
Taller de deseño Profesional
Modelismo e prototipos (moulage) (4 créditos)
Proxectos de deseño textil e moda II (8 créditos)
Xéneros de punto ( 6 créditos)
Procesos e principios básicos do deseño
Fundamentos Artísticos II (9 créditos)
Expresión Artística (5 créditos)
Proxectos e talleres de deseño
Proxectos de deseño textil e moda I (6 créditos)
Patronaxe industrial e escalado de tallas (6 créditos)
Tecnoloxías téxtis e operacións básicas (5 créditos)
Patronaxe por ordenador (6 créditos)

Modo de pagamento

O importe da matrícula curso de especialista é de 6065,57 €.  O importe da matricula do curso de formación en Fotografía e Deseño Gráfico de Moda (P02) é de 600 €, do curso de formación en Estampación Téxtil (P03) é de 900 € e a matricula do curso de formación en Taller de Deseño Profesional (P04) é de 1080 €

Con posibilidade de obtención dunha bolsa de 475,85 €,por cada modalidade de matrícula.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.

Impartido en

Facultade de Belas Artes

Observacións

Conven que o alumno  vexa o programa desenvolto das materias na web de ESDEMGA esdemga.uvigo.es

As materias  pertencen  aos curos 2º e 3º da titulación de ESDEMGA . Calquer dubeda  dirixirse as oficinas de ESDEMGA

Profesorado

Para  ampliar esta información 

Conven que o alumno  vexa o programa desenvolto das materias na web de ESDEMGA esdemga.uvigo.es

As materias  pertencen  aos curos 2º e 3º da titulación de ESDEMGA 

Sistema de avaliación

Traballos para expor ou entregar nas clases teóricas e prácticas.
Exames.
80% de asistencia ás sesións presenciais.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos