CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA


Tipo Curso de Formación
Código F1051501
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 60
Información de contacto:  
 · Teléfono 988387176 / 636694616
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Ciencias da Educación

Entidade colaboradora: Deputación de Ourense

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 08/09/2015 12:10 - 14/09/2015 23:59
Período de matrícula 08/09/2015 12:11 - 15/09/2015 23:59
Período de docencia 15/09/2015 - 25/11/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 25
Número máximo de participantes 35
Créditos teóricos 4
Créditos prácticos 2
Validación de libre elección 6

Destinatarios/as

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos os mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Condicións de acceso

Comprensión oral e escrita da lingua galega.

Criterios de selección

Se fose necesario, por superar os solicitantes o máximo de prazas:
1. Alumnos de primeiro, segundo ciclo e grao da Universidade de Vigo, segundo o nivel de expresión escrita e comprensión lectora.
2. Persoas alleas á Universidade

Calendario

Do 15-09-2015 ao 20-10-2015 luns, martes e mércores, de 18:30h a 20:30h.
Do 27-10-2015 ao 25-11-2015 martes e mércores, de 18:00h a 21:00h.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
1. A literatura e a ensinanza da literatura
As formas naturais de literatura.
Recursos e expresividade.
Formas de abordar o ensino da literatura
2. Didáctica da narración e Creatividade
As ferramentas do escritor.
Como elixir as palabras.
A procura do estilo e da naturalidade
Como lograr a visibilidade no relato
Perfilar o punto de vista apropiado
En que consiste a composición
Formas de construir a escena
O tratamento do diálogo
A singularidade do conto ou relato breve
3. Épocas, temas, motivos e estilos narrativos.
O mundo medieval e o mito.
O conto no nacemento da modernidade.
Tratamento dos tipos e costumes no conto literario.
Narración e ideoloxía.
A visión da historia no espello do relato.
A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
O engado do misterio como motivo literario.
O interese do conto realista como forma de autocoñecemento.
Parodia, ironía e intertextualidade.
A inversión dos valores épicos no relato contemporáneo.
A aparición do elemento fantástico ou marabilloso na narrativa.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
1. Práctica da Creación literaria. Propostas de escrita
O retrato.
A descrición.
O diálogo
A transformación.
A ligazón de recordos
A experiencia
O relato a partir de palabras clave
Creación de conflitos e construción de personaxes.
O escritor como receptor e emisor. Análises.
- O relato marabilloso.
- O relato fantástico e o relato realista.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 48,80 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:

Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es

Sistema de avaliación

Asistencia obrigatoria ás clases. Control de asistencia.
O sistema de avaliación acomódase ás aptitudes e inclinacións dos asistentes, que poderán escoller entre a interpretación dun texto ou a elaboración dun relato breve.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos