CURSO DE FORMACIÓN EN DESEÑO E FABRICACIÓN DE PLACAS DE CIRCUÍTO IMPRESO (PCB) CON ALTIUM DESIGNER (II Edición)
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN DESEÑO E FABRICACIÓN DE PLACAS DE CIRCUÍTO IMPRESO (PCB) CON ALTIUM DESIGNER (II Edición)
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F3121505 CANCEL | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN DESEÑO E FABRICACIÓN DE PLACAS DE CIRCUÍTO IMPRESO (PCB) CON ALTIUM DESIGNER (II Edición) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | |||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 086 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Entidades organizadoras
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 09/05/2015 00:00 - 05/06/2015 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 12/06/2015 00:00 - 26/06/2015 23:59 |
Período de docencia | 01/07/2015 - 21/07/2015 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 0 |
Créditos prácticos | 3.6 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
Estudantes universitarios e profesionais do eido da enxeñería electrónica interesados en formarse no deseño e fabricación de placas de circuíto impreso (PCB) empregando software profesional.
Durante o curso realizarase o deseño dunha PCB, por exemplo, un termómetro USB, que ao rematar o curso se enviará a fabricar a unha empresa de fabricación de circuítos impresos.
Condicións de acceso
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios, e
4.de xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Orde de preinscrición.
Calendario
O curso será de luns a xoves dende o 1 ao 21 de xullo de 2015, en horario de 16.30 a 19.30. (subscrición ao calendario)
Programa
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Aplicación e entorno de desenvolvemento de Altium Designer
Instalación da aplicación e descrición do entorno de desenvolvemento.
Ficheiros que compoñen un proxecto.
Biblioteca de compoñentes
Tipos de bibliotecas: esquemas, pegadas (footprints) e integradas.
Edición do esquema da PCB
Inserción de compoñentes, esquemas xerárquico e verificación do deseño da PCB.
Regras de deseño da PCB
Selección dos tamaños e separación de pistas. Adaptación ás especificacións do fabricante de PCBs.
Creación e enrutado da PCBs
Dimensións. Regras de enrutado, bibliotecas de compoñentes 2D e 3D. Comprobación de erros no deseño.
Ensamblado de tarxetas de circuito impreso en 3D
Inserción dunha PCB sobre outra tarxeta. Adaptación da PCB a unha envolvente. Puntos de axuste e colisión.
Xeración de ficheiros para a fabricación da PCB
Xeración dos ficheiros necesarios para a fabricación e a montaxe da placa PCB.
Fabricación da PCB
Proxecto de deseño da PCB seguindo as especificacións do fabricante de circuítos impresos.
Xeración de ficheiros: lista de materiais, gerber, vistas 3D, vídeos.
Deseño do proxecto final do curso
Deseño dunha tarxeta de tamaño 50mm*50mm para o seu posterior envío a fabricación.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 149,76 €, con posibilidade de obtención dunha bolsa de 74,88 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es
Profesorado
Sistema de avaliación
Realización dun exercicio práctico individual que consistirá na deseño e fabricación dunha placa de circuíto impreso durante o curso. Avaliación continua.