INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL (III Edición)

Información do curso

INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL (III Edición)


Tipo Curso Complementario
Código C2051509
Nome INTRODUCIÓN Á FISIOTERAPIA INVASIVA DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL (III Edición)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 801750 - 801752
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 18/03/2015 12:11 - 15/10/2015 23:59
Período de matrícula 18/03/2015 12:11 - 16/10/2015 23:59
Período de docencia 16/10/2015 - 18/10/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 18
Número máximo de participantes 24
Créditos teóricos 0.6
Créditos prácticos 1.4
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 2º curso do Grao.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15.
Ademais, para poder facer este curso, terase que ter formación demostrada de tratamento conservador de puntos gatillo.

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnos de 4º curso, alumnos de 3º curso e alumnos de 2º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.
IMPRESCINDIBLE, coñecementos demostrables de tratamento conservador de puntos gatillo.

Calendario

Do 16 ao 18 de outubro de 2015.
Horario: VENRES 16 de outubro: de 15:00 a 20:00 horas; SÁBADO 17 de outubro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 18 outubro: de 9:00 a 14:00 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Principios da fisioterapia invasiva
Mecanismos de acción das técnicas invasivas
Mecanismos analxésicos da punción seca na síndrome da dor miofascial
Presentacións clínicas máis frecuentes de orixe miofascial (dor lateral e medial de cóbado, dor de ombreiro, síndrome do desfiladeiro torácico, cervicalxia, lumbalxia, dor anterior de xeonllo,...)
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Músculo infraespinoso: tratamento invasivo
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo das fibras superiores do músculo trapecio
Tratamento invasivo (punción seca) do pectoral maior
Tratamento invasivo (punción seca) do redondo maior e o dorsal ancho
Tratamento invasivo (punción seca) do redondo menor
Tratamento invasivo (punción seca) do deltoides
Palpación e tratamento invasivo do tríceps braquial
Palpación e tratamento invasivo do extensor común dos dedos, do extensor radial largo do carpo e do braquiorradial
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo do tensor da fascia lata
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos glúteos maior, medio e menor
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos vastos medial e lateral e do recto anterior do cuádriceps
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos isquiotibiais
Anatomía, función, palpación e tratamento invasivo dos gastrocnemios e do sóleo

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 140 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos