PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL I (II Edición)

Información do curso

PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL I (II Edición)


Tipo Curso Complementario
Código C2051507
Nome PILATES PARA FISIOTERAPEUTAS, MAT - NIVEL I (II Edición)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 801750 - 801752
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 18/03/2015 11:54 - 10/09/2015 00:00
Período de matrícula 18/03/2015 11:54 - 11/09/2015 00:00
Período de docencia 12/09/2015 - 04/10/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 14
Créditos teóricos 0.7
Créditos prácticos 2.8
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 2º curso do Grao.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno/a de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnado de 4º curso, alumnado de 3º curso e alumnado de 2º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.

Calendario

Do 12 de setembro ao 4 de outubro de 2015.
Horario: SÁBADOS 12 de setembro e 3 de outubro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGOS 13 de setembro e 4 de outubro: de 9:00 a 14:00 horas. O sábado 26 de setembro o horario será só de mañán, de 9 a 14 horas.
O curso levarase adiante en:
Centro Impact Fitness (Studio Pilates)
Rúa Amado Carballo nº 8, baixo
36002 Pontevedra

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
O método Pilates (orixe do método e na actualidade; principios)
Prescrición de exercicios, fases en Fisioterapia
Principios para programar unha sesión e dirixila
Organización e partes dunha sesión de Pilates
Beneficios, precaucións e contraindicacións
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Bases biomecánicas e anatómicas no método Pilates: a súa aplicación práctica
Postura e movemento (estabilizadores-mobilizadores): análise.
Orde de traballo no método Pilates (aprendizaxe motor)
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): breathing; pelvic clock; knee folds, drops, slides and femur arcs; up shoulders, supine, prone and standing; bridge, level 1.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): supine and standing arm arcs; side leg lift, oyster and side lying adductor; neck rolls and flexion; quadruped, cat stretch; scapular mobilization on all fours.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): curl ups and oblique curl ups; roll down on the wall and standing; diamond press and dart; pliès; leg circle, level 1; roll-up and assisted roll-up; hundred, level 1.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): single-leg stretch, level 1; double-leg stretch, level 1; leg pull front, level 1; rolling like a ball.
Exercicios básicos de Pilates en mat (progresións e adaptacións): spine twist, level 1; swan dive, level 1; side kick, level 1; hip twist; spine stretch forward.
Clases de mat en pequeno grupo
Clases individuais de mat
Principais variantes de exercicios básicos de mat

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 260 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome ou o código do curso.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos