III CURSO DE ESPECIALISTA EN MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN E CONFLITO SOCIAL
Información do curso
III CURSO DE ESPECIALISTA EN MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN E CONFLITO SOCIAL
Tipo | Especialista | ||||
Código | EX030601 | ||||
Nome | III CURSO DE ESPECIALISTA EN MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN E CONFLITO SOCIAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 240 | ||||
Descrición | O obxetivo do curso é formar ós profesionais que traballan diariamente con menores en situación de desprotección e conflicto social nos aspectos, tanto xurídico-técnicos, como sicolóxicos e educativos. | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812413 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Departamento de Dereito PúblicoInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 02/10/2006 00:00 - 18/10/2006 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 19/10/2006 00:00 - 31/10/2006 00:00 |
Período de docencia | 10/11/2006 - 30/06/2007 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 19.9 |
Créditos prácticos | 4.1 |
Destinatarios/as
O Curso está dirixido a aqueles profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de tres anos de experiencia profesional, diplomados e licenciados que traballan directamente con familias e con menores nalgún dos seguintes ámbitos: social, xurídico, educativo e sicolóxico, e que queren completar a súa formación con coñecementos específicos en campos interdisciplinares sobre a problemática familiar e dos menores e a súa dinámica. Do mesmo xeito, o Curso é adecuado para aqueles estudiantes recién licenciados que busquen formarse en Dereito de menores.Obxectivos
O obxetivo do curso é formar ós profesionais que traballan diariamente con menores en situación de desprotección e conflicto social nos aspectos, tanto xurídico-técnicos, como sicolóxicos e educativos.A realidade social sobre a que se proxecta o curso é especialmente complicada e apreciase a demanda por parte de quen traballa con dita realidade de acadar unha formación completa; isto é, acceder a aqueles aspectos ós que, pola súa formación, descoñecen. Neste sentido, trátase dun curso transversal.
Ademáis, a intensidade dos conflictos sociais que xeran os problemas de menores acentúa a importancia práctica do curso.
O curso desenvolverase en clases teóricas, se ben consideramos importante contar con prácticas de campo.
Condicións de acceso
A.- Poden acceder ao título de ESPECIALISTA:1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.
B.- Requisitos:
1.- Solicitude de admisión, adxuntando os seguintes documentos:
-Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou pasaporte.
-Fotocopia compulsada do expediente académico.
-Curriculum Vitae.
-Outra documentación que se estime conviente por parte do solicitante.
2.- Admisión ou Matrícula do Curso de Doutoramento en "Menores en situación de Desprotección e conflicto social", bienio 2006-2008, dependendo das datas aprobadas pola Comisión de Doutoramento. Este requisito só é esixible para licenciados.
3.- Matrícula dos 4 créditos que non se atopan vinculados ó citado Curso de Doutoramento para os licenciados que deben matricularse no curso de doutoramento:
- Módulo T07: Perfil do menor en situación de risco: 1'6 créditos curso de especialista.
- Módulo P01: Programas de menores da Xunta de Galicia: 1,5 créditos curso de especialista.
- Módulo P02: Visión práctica dos axentes xurídicos no proceso civil: 0,8 crédito de especialista.
- Módulo P04. Visión prática dos axentes xurídicos no proceso penal: 0,1 crédito de especialista.La parte correspondiente a ese 0,1 créditos de especialista del módulo P04 se corresponde a la "actuación del Equipo Técnico", dentro del primer apartado: "Visión práctica dos axentes xurídicos no proceso penal".
Criterios de selección
A selección realizarase en función dos seguintes criterios:-Expediente académico.
-Curriculum vitae.
Calendario
Inicio: 10 de novembro.Finalización: 30 de xuño.
Horario:
Venres: 16:30 a 20:30
Sábados: 10:00 a 14:00
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:PROTECCIÓN DO MENOR. NORMATIVA INTERNACIONAL, ESTATAL E AUTONÓMICA
1.- Orixe e fundamento lexitimador dos dereitos fundamentais dos menores .
2.- Dereitos fundamentais do menor .
3.- Liberdade relixiosa do menor.
4.- Protección internacional de menores.
5.- Normativa autonómica sobre o menor en situación de desprotección e conflicto social.
ASPECTOS CIVÍS DA PROTECCIÓN DO MENOR
1.- Evolución da minoría de idade na lexislación española..
2.- Determinación da condición de "menor".
3.- Tutela ex lege.
4.- Garda asistencial.
5.- Acollemento.
6.- Adopción.
7.- Responsabilidade civil do menor tutelado.
ASPECTOS PROCESAIS CIVÍS DA PROTECCIÓN DO MENOR
1.- O proceso civil.
2.- A protección do menor na nova LAC.
3.- Procedimentos de protección do menor de xurisdicción voluntaria.
4.- Prodecimentos contenciosos de protección de menores.
5.- Oposición ás resolucións administrativas en materia de protección de menores.
6.- Os procedimentos contenciosos en materia de adopción.
7.- A mediación no ámbito da protección procesal civildo menor.
A INCAPACIDADE DO MENOR
1.- Incapacidade e discapacidade.
2.-A declaración de incapacidade do menor.
3.- Procedementos de incapacidade.
ASPECTOS INTERNACIONAL-PRIVATISTAS DA PROTECCIÓN DO MENOR
1.- Tutela e outras medidas de protección.
2.- Sustracción internacional de menores..
3.- A protección do menor na adopción internacional.
4.- Nacionalidade e estranxería do menor.
A ASISTENCIA DA ADMINISTRACIÓN
1.- Réxime xurídico dos centros a cargo da Administración.
2.- Inserción laboral do menor.
3.- A acción protectora da Seguridade Social:.
PERFIL DO MENOR EN SITUACIÓN DE RISCO
1.- Características sicolóxicas do menor en risco.
2.- Familia en situación de risco.
3.- O menor en desamparo, maltrato e violencia dentro e fora da escola (especial referencia ó acoso escolar e as bandas xuveniles).
4.- O papel da escola e os medios de comunicación na socialización do menor.
5.- Intervención social con minorías étnicas.
6.-Intervención social con menores inmigrantes.
DEREITO PENAL DO MENOR: MENOR COMO VÍCTIMA E MENOR COMO INFRACTOR
1.- Dereito penal en relación ó menor como víctima (vilencia doméstica, delitos contra a integridade moral, delitos contra a integridades sexual, delitos contra indemnidade e liberdade sexual, pornografía infantil)
2.- Delitos contra os dereitos e os deberes familiares: abandono de familia, menores e incapaces, sustracción internacional de menores.
3.- Principios informadores e presupostos básicos de aplicación da LORPM.
4.- As medidas e a súa execución na LORPM..
5.- Reglamento penitenciario da LORPM.
PROCESO PENAL DO MENOR
1.- Principios informadores do proceso penal de menores
2.- Xulgados de menores.
3.- Fase de instrucción. O equipo técnico.
4.- Fase de audiencia.
5.-O valor da declaración do menor.
6.- Sentencia e réxime de recursos.
7.-A Mediación como alternativa ó proceso penal de menores.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
PROGRAMAS DE MENORES DA XUNTA DE GALICIA
Xestión de centros.
Programas de menores da Xunta de Galicia.
Programas para menores discapacitados.
VISIÓN PRÁCTICA DOS AXENTES XURÍDICOS NO PROCESO CIVIL
Visión práctica dos axentes xurídicos (Técnicos da Administración Autonómica, Letrados, Fiscais e Xuíces de familia e de Violencia sobre a Muller) no proceso civil.
ANÁLISE CONXUNTA DO DEREITO PENAL DO MENOR NA SÚA APLICACIÓN PRACTICA DENTE A XURISPRUDENCIA INTERNA
Análise conxunto do dereito penal do menor a través da súa aplicación práctica ó caso real dende a xurisprudencia interna.
A actuación da Policía Xudicial: detención do menor. Especial referencia ós menores extranxeiros non acompañados.
VISIÓN PRÁCTICA DOS AXENTES XURÍDICOS NO PROCESO PENAL
- Visión práctica dos axentes xurídicos no proceso penal.: actuación do Equipo Técnico, Letrados, Fiscais e Xuíces de Menores.
- A execución de medidas previasta na LORPM: Directores de Centros de Réximen Pechado, de réximen aberto e semiaberto.
- Procedementos de execución de medidas non privativas de libertad.
Modo de pagamento
Aquelas persoas que se matriculen no programa de doutoramento deberán aboar as taxas correspondentes a dito programa e ademais 4 créditos do curso de especialista que ascenden a 280,48€.Aquelas persoas que non se matriculen no programa de doutoramente deberán aboar a matrícula completa do curso de especialista cun importe de 1682,88€.
Sistema de avaliación
Evaluación continua e terase en conta a participación na clase.Proxecto final.