PILATES CON ACCESORIOS APLICADO Á FISIOTERAPIA
Información do curso
PILATES CON ACCESORIOS APLICADO Á FISIOTERAPIA
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2051506 CANCEL | ||||
Nome | PILATES CON ACCESORIOS APLICADO Á FISIOTERAPIA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 801750 - 801752 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Fisioterapia
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 15/12/2014 14:09 - 23/10/2015 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 12/01/2015 14:11 - 23/10/2015 23:59 |
Período de docencia | 24/10/2015 - 15/11/2015 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 14 |
Créditos teóricos | 0.8 |
Créditos prácticos | 2.2 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 4º curso do Grao.
Condicións de acceso
Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15.
Criterios de selección
Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas e alumnos de 4º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.
IMPRESCINDIBLE, ter feito a materia optativa "Pilates aplicado á Fisioterapia" do Grao de Fisioterapia da Universidade de Vigo ou ter outra formación básica demostrable sobre o método Pilates aplicado á Fisioterapia (por exemplo, o curso complementario da Universidade de Vigo "Curso de Pilates para fisioterapeutas, mat - nivel I").
Calendario
Do 24 de outubro ao 15 de novembro de 2015.
Horario: sábados 24 de outubro e 14 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e domingos 25 de outubro e 15 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Os principios do método Pilates de cara acadar un bo movemento (respiración; alongamento axial e control central; articulación da columna; organización de cabeza, pescozo e ombreiros; alineación e soporte de peso; integración dos movementos).
Fitball: características, indicacións e precaucións.
As cintas elásticas: características, indicacións e precaucións.
Small ball: características, indicacións e precaucións.
Magic circle (aro de Pilates): características, indicacións e precaucións.
Rulo: características, indicacións e precaucións.
Proposta metodolóxica para programar unha clase de Pilates.
Exemplos de clases de Pilates enfocadas á Fisioterapia.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Exercicios de Pilates con fitball e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con cintas elásticas e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con small ball e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con magic circle e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con rulo e exemplos de clase.
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 210 €.
O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o código (C2051506) e o nome do curso. ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.
Sistema de avaliación
Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.