TÉCNICAS DIXITAIS DE ILUSTRACIÓN

Información do curso

TÉCNICAS DIXITAIS DE ILUSTRACIÓN


Tipo Curso de Formación
Código CFP0062
Nome TÉCNICAS DIXITAIS DE ILUSTRACIÓN
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

Partindo dun coñecemento básico da teoría da cor e do manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é amosar ao alumnado diversas opcións de coloreado dixital utilizando Photoshop, pero sempre desde a perspectiva dos conceptos básicos da ilustración, composición, cor, ritmo, movemento, iluminación, etc. Por iso, este non é un curso de software senón que os conceptos sobre os que se incidan son aplicables ao campo da ilustración tradicional.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 26/03/2015 10:00 - 01/04/2015 14:00

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. Requírense nocións básicas de teoría da cor e de Photoshop.

Obxectivos

Dotar o alumnado de opcións básicas para o uso de Photoshop no coloreado dixital.

Dotar o alumnado de capacidades reflexivas sobre os aspectos que compoñen a práctica da ilustración.

Dotar o alumnado de recursos técnicos que faciliten o seu fluxo de traballo dixital.

Formar ao alumnado para que coas ditas nocións básicas poida avanzar na investigación e desenvolvemento das súas capacidades.

Condicións de acceso

Inscrición na plataforma Bubela no período comprendido entre o 26 de marzo e o 1 de abril de 2015, dende as 10:00 horas do día 26 ás 14:00 horas do día 1.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación. Aceptaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula. As persoas cuxa solicitude foi aceptada serán matriculadas de oficio, non podendo renunciar agás casos de forza maior debidamente xustificados. Penalizarase a falta de asistencia ou abandono do curso sen causa xustificada: as persoas afectadas non poderán volverse a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata o ano académico 2016-2017.

Ao remate do mesmo, expedirase un certificado de asistencia ao que terán dereito as persoas que asistiron a un 85 por cento das horas lectivas.

Calendario

7,9,14,16,21 e 23 de abril de 2015, de 19:00 a 21:00 horas.

Programa

A cor. Significado, mezclas, iluminación.

Composición, ritmo, movemento.

Pintura dixital. Pinceis e texturas.

Como combinar técnicas tradicionais e dixitais.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra, rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra.

Profesorado

Almudena Aparicio Andión, licenciada en Belas Artes.

Sistema de avaliación

Exposición de contidos teóricos, sustentados con casos reais e exercicios prácticos que o alumnado realizará na clase.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos