INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP
Información do curso
INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0061 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN AO DESEÑO WEB RESPONSIVO CON BOOTSTRAP |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O acceso a Internet xa non se produce exclusivamente a través dos ordenadores, senón que as persoas usuarias visitan webs dende diferentes dispositivos, con gran variedade de tamaños de pantalla. Neste contexto se queremos que a nosa web siga tendo presenza e sexa útil, ten que estar preparada para unha correcta visualización en todas as resolucións. Os sitios webs adaptados a esta conxuntura coñécense como "responsivos". Este curso incide neste punto, explicando os distintos conceptos inherentes á responsividade, así como introducíndonos no uso de frameworks de desenvolvemento que nos faciliten a maquetación responsiva sen necesidade de programación avanzada. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 26/03/2015 10:00 - 01/04/2015 14:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. Requírense coñecementos básicos de HTML e CSS.
Obxectivos
Dotar o alumnado dos conceptos básicos sobre o escenario web actual, a adaptabilidade e responsividade dos sitios web.
Ofrecer ao estudante os coñecementos básicos de estilos CSS que permiten diferentes formalizacións en función do tamaño da pantalla.
Dotar o alumnado dunha visión xeral das distintas alternativas existentes na actualidade.
Introducir o alumnado no uso dos ditos frameworks.
Condicións de acceso
Inscrición na plataforma Bubela no período comprendido entre o 26 de marzo e o 1 de abril de 2015, dende as 10:00 horas do día 26 ata as 14:00 do día 26.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Aceptaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula. As persoas cuxa solicitude foi aceptada serán matriculadas de oficio, non podendo renunciar agás casos de forza maior debidamente xustificados. Penalizarase a falta de asistencia ou abandono do curso sen causa xustificada: as persoas afectadas non poderán volverse a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata o ano académico 2016-2017.
Ao remate do mesmo, expedirase un certificado de asistencia ao que terán dereito as persoas que asistiron a un 85 por cento das horas lectivas.
Calendario
6,13,20,27 de abril, 4 e 11 de maio de 2015, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
Repaso de conceptos básicos de HTML e CSS
Adaptabilidade vs. responsividade.
Media Queries CSS
Frameworks responsivos.
Introdución ao uso de Bootstrap.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra, rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra.
Profesorado
Alberto García Ariza, doutor en Belas Artes.
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos, sustentados en casos reais e exercicios prácticos que o alumnado realizará na clase.