INTRODUCIÓN AOS MOTIONGRAPHICS CON AFTER EFFECTS
Información do curso
INTRODUCIÓN AOS MOTIONGRAPHICS CON AFTER EFFECTS
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0060 | ||||
Nome | INTRODUCIÓN AOS MOTIONGRAPHICS CON AFTER EFFECTS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O curso de "Introdución aos Motiongraphics con After Effects" é unha porta de entrada para coñecer as ferramentas e as técnicas básicas da animación asistida por ordenador. A idea deste curso é crear unha base de coñecemento para que o alumnado poida introducir a dimensión temporal no seu traballo, e posteriormente poida seguir evolucionando tanto artística como profesionalmente. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Este curso está dirixido principalmente a aquelas persoas, alleas ou propias da comunidade universitaria, que posúan certos coñecementos nas ferramentas de deseño gráfico e que queiran ampliar as súas habilidades nos Motiongraphics. Polo tanto, as competencias requiridas para o aproveitamento óptimo do curso serían as dun nivel medio/básico nas ferramentas de Photoshop ou Illustrator.
Obxectivos
Dotar o alumnado dos coñecementos básicos para o uso de After Effects orientado a Motiongraphics. Polo tanto, trátase de proporcionar unha introdución aos coñecementos técnicos e expresivos no ámbito da animación, sendo imprescindibles para a elaboración dun Motiongraphics en 2D.
Condicións de acceso
Inscrición na plataforma Bubela no período comprendido entre o 5 e o 11 de febreiro de 2015, dende as 10:00 horas do día 5 ata as 14:00 horas do día 11.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. Aceptaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula. As persoas cuxa solicitude foi aceptada serán matriculadas de oficio, non podendo renunciar agás casos de forza maior debidamente xustificados. Penalizarase a falta de asistencia ou abandono do curso sen causa xustificada: as persoas afectadas non poderán volverse a matricular nos cursos da Aula Tecnolóxica ata o ano académico 2016-2017.
Ao remate do mesmo, expedirase un certificado de asistencia ao que terán dereito as persoas que asistiron a un 85 por cento das horas lectivas.
Calendario
Días 13,20,27 de febreiro e 6 de marzo de 2015, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Programa
-Introdución Motiongraphics:
Motiongraphics e os conceptos básicos de vídeo. Principios da animación. Exemplos prácticos. Fluxo de produción.
-Descrición da Interface de After Effects:
Visor. Timeline. Previos. Ferramentas.
-Técnicas de animación básicas:
Animación por keyframes. Organización das capas.
-Importación de footage:
Importación de video-proxys. Exportación de Photoshop Illustrator a After Effects. Importación de capas en After Effects.
-Render e Previos:
Uso de previos. Configuración estándar.
Prácticas: animación básica, escala, rotación e posición. Técnica "Squash & Strech".
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra, rúa D. Filiberto 9-11, 36002 Pontevedra.
Profesorado
Alexandre Santorio, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
Mediante exemplos profesionais explicarase o abanico de posibilidades que ofrecen os Motiongraphics en 2D aplicados ao ámbito profesional. Realizaranse diferentes prácticas coas distintas técnicas (das máis sinxelas ás máis complexas), que ofrece a animación con After Effects.